Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 20/01/2022 13:14
Actualizado a 14 de Febreiro de 2022 Prezadas familias: Comunicamos que dende o pasado xoves notificáronse varios casos da Covid-19 no centro educativo. Entre as altas e os novos casos, actualmente son 12 os casos activos. As altas e baixas de casos están sendo contínuas e normalmente comunicadas en fin de semana, polo que acualizaremos os datos a principio e final da semana. O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática. Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:
A nova actualización do protocolo COVID-19 determina que só se xeneran contactos estreitos (a efectos de corentena) a partir dos 5 casos activos na aula ou o 20% da mesma ou se existe nesa aula unha persoa en situación de vulnerabilidade. Á rede de contactos do caso positivo determínase dende o centro e se facilitan test de antíxenos coas instruccións que se marcaron na páxina web e por mensaxería abalar. Os test non se facilitan ao alumnado de Educación Infantil nin ao alumnado que xa fora positivo por COVID nos últimos meses.
Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS-CoV-2 do SERGAS. |