Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Xaneiro 17, 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
17
18
Start: 18/01/2022 14:30

Estimadas familias:

Segundo o último protocolo de COVID-19, ante a aparición dun caso esporádico no entorno educativo, o alumnado considerado da rede de contactos máis próximos, poderá voluntariamente realizar a proba diagnóstica que se lle facilitará dende o centro. 

Seguindo o novo protocolo COVId-19, somente se repartirán test no caso de alumnado de Educación Primaria.

O alumnado considerado na rede de contactos, levará dende o centro, unha circular xunto co test de antíxenos. 

As instruccións para levalo a cabo e comunicación de resultados positivos (os negativos non son necesarios) están no seguinte enlace:

protocolo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippedrobarriedelamaza/system/files/Protocolo_cribado_antixeno_educaci%C3%B3n.pdf

enlace comunicación de resultados:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

 

19
20
Start: 20/01/2022 13:14

Actualizado a 14 de Febreiro de 2022

Prezadas familias:

Comunicamos que dende o pasado xoves notificáronse varios casos da Covid-19 no centro educativo. Entre as altas e os novos casos, actualmente son 12 os casos activos. As altas e baixas de casos están sendo contínuas e normalmente comunicadas en fin de semana, polo que acualizaremos os datos a principio e final da semana. 

O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

  • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, as autoridades sanitarias contactarán coa familia para dar as indicacións necesarias.
  • Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma. 

A nova actualización do protocolo COVID-19 determina que só se xeneran contactos estreitos (a efectos de corentena) a partir dos 5 casos activos na aula ou o 20% da mesma ou se existe nesa aula unha persoa en situación de vulnerabilidade. 

Á rede de contactos do caso positivo determínase dende o centro e se facilitan test de antíxenos coas instruccións que se marcaron na páxina web e por mensaxería abalar. Os test non se facilitan ao alumnado de Educación Infantil nin ao alumnado que xa fora positivo por COVID nos últimos meses. 

 

  • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
  • Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS-CoV-2 do SERGAS.

21
22
23
Distribuir contido


by Dr. Radut