Eventos
Dende o ANPA QUINTÁN estanse a planificar actividades para ás familias pola igualdade. Deixámosvos toda a información:
Mañá luns celébranse as eleccións ao Consello Escolar do CEIP Pedro Barrié de la Maza. Recordade que é necesario cumprir as normas do Protocolo COVID do centro. Teredes marcas coa distancia necesaria para agardar turno. Tentade non facer aglomeracións no recinto do centro, respectando o transcurso normal das clases.
Dende o CEIP Pedro Barrié de la Maza, quixemos conmemorar o día contra a violencia de xénero cun video moi especial. Esperamos que vos guste.
Estimadas familias:
Neste curso o centro ten que elaborar o Plan Dixital de Centro. É necesario a colaboración de todos na elaboración do Plan. Neste caso, comezamos pola realización dunha enquisa ao alumnado de quinto e sexto. acabades de recibir en Abalar Móbil o enlace á enquisa para que a podades cubir.
É moi importante colaborar para que o centro avance na educación dixital. A enquisa estará aberta dende o 1 de decembro ata o 12 de decembro. É moi importante que colaboredes axudando aos rapaces/as a cubrila. Grazas de antemán.
Estimadas familias:
Queremos recordar que o vindeiro martes día 7 de decembro non haberá clase ao ser un dos dous días non lectivos que escolle o centro seguindo a Orde que establece o calendario escolar. Pasade boa ponte¡¡
Prezadas familias:
Comunicamos que se confirmaron dous casos da Covid-19 no centro educativo.
O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 10 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.
Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:
- Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, as autoridades sanitarias contactarán coa familia para dar as indicacións necesarias.
- Os contactos estreitos deben realizar corentena durante 10 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 3 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.
- O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.
- Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.
Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS-CoV-2 do SERGAS.
A liña telefónica do centro xa está operativa.
Boa tarde:
Na noite de onte e na mañá de hoxe, confirmáronse dous novos casos COVID-19 no centro. Actualmente o centro conta con 8 casos activos.
Os casos foron confirmados na noite de onte 17 de decembro e a media mañá de hoxe día 18 de decembro. A pesar de ser coñecedores ás 11:30 do venres 17, non tíñamos autoridade nin instruccións por parte do CSC para facer nada. Comunicáronse os contactos estreitos seguindo as instruccións da delegación territorial de sanidade e avisouse ás familias das aulas afectadas, así como transporte e comedor.
Queremos aclarar isto debido a que o centro ten coñecemento de malestar na xestión dos gromos/casos COVID-19.
Só podemos dicir que o centro actúa preventivamente cando pode e no momento no que é coñecedor, con independencia de día e hora. Unha vez conformado o expediente é cando nós podemos comunicalo oficialmente. Se algunha familia non está conforme con esta xestión, pedimos que o comunique ao centro, vía telefónica ou correo electrónico e acordaremos unha cita para explicar a xestión dos casos.
Por último, recordar que as vías oficiais de comunciación do centro son ABALAR MÓBIL, correo electrónico e páxina web; calquera outra vía que trate información sensible (véxase casos COVID), vulnera o protocolo de protección de datos.
A Dirección do CEIP Pedro Barrié de la Maza.