Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

18/05/2016 11:33
Atlantic/Bermuda

Convocatoria: participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

 

Clickando no título tedes o enlace onde se vos explican os requisitos para acceder ao fondo ou ás axudas para adquisición de libros ou material, os prazos e máis información (cuantías, compromisos...).

 

Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º,4º,5º e 6º de educación primaria.

Axudas para adquisición de libros en 1º e 2º de educación primaria e educación especial e material para tódolos cursos.

 

Tedes de prazo dende o día de mañá ata o 23 de xuño para presentar as solicitudes no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O anexo I podédelo atopar, xunto con respostas a preguntas frecuentes, no seguinte enlace:

ENLACE SEDE ADMINISTRATIVA,

 e nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

Información adicional nas seguintes imaxes.

 

AdxuntoTamaño
FONDO LIBRO 3.PNG43.32 KB
FONDO LIBRO.PNG54.94 KB
FONDO LIBRO3.PNG42.66 KB
FONDOLIBRO2.PNG45.14 KB


event | by Dr. Radut