Skip to Content

OFERTA EDUCATIVA PARA O CURSO 2016/2017

05/02/2015 20:46
Atlantic/Bermuda

O NOSO CENTRO CONTA COA SEGUINTE OFERTA EDUCATIVA 

- UNHA LIÑA DE 2ºCICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL: de 3 a 6 anos.

- UNHA LIÑA DE EDUCACIÓN PRIMARIA: de 6 a 12 anos.

 

ZONA EDUCATIVA Nº8: preme no seguinte enlace para ver a zona educativa.

http://www.escolasvigo.org/mapas/infantil-primaria

 

HORARIO LECTIVO: de luns a venres de 9:00 a 14:00h.

SERVIZO DE TRANSPORTE:O Transporte Escolar depende da Consellería de Educación e é gratuito para todo o alumnado a partir dos 3 anos e ten persoal acompañante nas tres liñas existente).
LIÑA 1: Travesas - Colexio.
LIÑA 2: Parque de Castrelos - Saa - Colexio.
LIÑA 3: Cruce da Avda. Castrelos con Matamá - Castrelos Nº 365 - Colexio.

SERVIZO DE AULA MATINAL (PLAN MADRUGA) dende as 7:30h e SERVIZO DE COMEDOR de 14:00 a 16:00 horas.Servizo de Cátering para 80 prazas en dúas quendas.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES XESTIONADAS POLA A.N.P.A: durante todas as tardes da semana lévanse a cabo as seguintes actividades:

- baile moderno.

- natación.

- fútbol sala.

- taekwondo.

- intelixencia emocional.

- inglés.

- pintura.

- Patinaxe.

- Ximnasia Rítmica.

 

PROGRAMAS EDUCATIVOS NOS QUE PARTICIPA O CENTRO

CONTRATOS PROGRAMA 

 - Reforzo, orientación e apoio para alumnado de 3º,4º, 5º e 6º de Educación Primaria que presenta dificultades de aprendizaxe. Consiste en recibir reforzo gratuíto das competencias lingüística e matemática os luns e os mércores de 16:15 a 18:15 horas durante os meses de febreiro, marzo, abril, maio e xuño. Conta con servizo de transporte gratuíto.

 Mellora das competencias clave para alumno de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria que presentan dificultades na aprendizaxe e precisan reforzo educativo durante a xornada lectiva.

- Mellora da convivencia escolar mediante a aplicación do Plan de convivencia do centro a través de actividades, particpación de proxectos do concello e da policía local, etc.

 

 

   PLAN DE ALERTA ESCOLAR

Plan do servizo de urxencias médicas 061 destinado a aqueles alumnos e alumnas con epilepsia, diabetes ou alerxias alimentarias que permite ao centro conectar inmediatamento co servizo de urxencias médicas no caso dalgunha emerxencia.

 

PLAN DE CONSUMO DE FROITA FRESCA NA ESCOLA

Coa finalidade de fomentar o consumo de froita fresca coa finalidade de acadar hábitos de vida saudable entre o alumnado, repartiremos froita fresca durante o recreo (en semanas alternas) nos meses de maio e xuño.

 

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

  Coa finalidade de fomentar a lectura entre o alumnado, participamos no plan de mellora de bibliotecas escolares tomando a biblioteca como centro de recursos educativos e referencia de todas actividades que se levan a cabo no centro.

 

 

 PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E OS SEUS ENTORNOS

 Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos

  • Coa finalidade de informar ao alumnado e ás familias acerca dos riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía), os Corpos de Seguridade do Estado levan a cabo no centro charlas informativas.

PLAN LOCAL DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS ADICCIÓNS DO CONCELLO DE VIGO

 


Dende hai varios cursos o centro participa no plan de prevención de drogodependencias e outras adiccións do concello de Vigo, consistente en charlas informativas ofrecidas aos alumnos de 6º de Educación Primaria por parte de especialistas na materia.

 

 

PARA VER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O NOSO COLEÑXIO PREME NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.escolasvigo.org/centros/ceip-otero-pedraio



event | by Dr. Radut