Skip to Content

Periodo de ADAPTACIÓN 4º infantil (3 anos) no curso 2023-2024

Segundo a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o período de adaptación do alumnado de Educación Infantil que se incorpora ao cuarto curso da Educación Infantil (3 anos) non se poderá prolongar máis aló do 15 de setembro.

É un período que, sérvelle aos alumnos e ás familias, para o paso gradual dun espazo familiar e coñecido ao espazo escolar, conseguindo así unha adaptación axeitada para o seu correcto desenvolvemento. Por este motivo, durante estes primeiros días, teremos unha incorporación progresiva dos nenos e nenas cun horario reducido e flexible.

Faremos unha reunión con todos os pais e nais dos alumnos de 4º de E.I, o día 11 de setembro ás 11:00 horas (na aula de 4º de E.I) para coñecernos, aclarar posibles dúbidas e dar algunhas pautas para este curso escolar que comeza.

Para a confección dos grupos do período de adaptación, seguiuse unha estrita orde alfabética. Fixádevos no primeiro apelido do voso/a fillo/a e saberedes en que grupo e horario estades asignados.

  • GRUPO 1: Dende o apelido "Castro" ata o apelido "Lende".
  • GRUPO 2: Dende o apelido "Mardare" ata o apelido "Veiga".

 Día

 Grupo

 Horario

 Martes 12

Grupo 1

10:00 a 11:00 da mañá

Grupo 2

12:00 a 13:00 da mañá

 Mércores 13

Grupo 2

10:00 a 11:30 da mañá

Grupo 1

12:00 a 13:30 da mañá

Xoves 14

Grupo 1 e Grupo 2

10:00 a 12:00 da mañá

Venres 15

Grupo 1 e Grupo 2

10:00 a 13:00 da mañá

Luns 18

Grupo 1 e Grupo 2

9:00 a 14:00 da mañá (con servizo de comedor e transporte)

AdxuntoTamaño
O significado do proceso de adaptación.pdf911.42 KB



page | by Dr. Radut