Biblioteca

Colaboración do Concello de As Neves co noso centro.

        O Concello de As Neves colaborou durante o curso escolar 2016-2017 co centro cunha axuda económica, que se destinou á realización de diversas actividades culturais do centro, como por exemplo as excursións e tamén para a adquisición de material para a biblioteca.  


  

 

 

VISITA DE FRAN ALONSO

Despois de ler nas aulas o libro de poemas "O meu gato é poeta" de Fran Alonso, tivemos a gran sorte de coñecelo en persoa. 

O pasado xoves veunos visitar e recitounos moitos dos seus poemas no só deste libro, senón tamén doutros que escribiu.

Foi un pracer telo no colexio.

Moitísimas grazas pola visita Fran Alonso!

 

Aquí vos deixamos unhas fotos do seu paso polo colexio.

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free photo slideshow

VISITA DE IAGO LÓPEZ

O alumnado de 1º e 2º tivo a ocasión de ler o libro O COCIÑEIRO MARTIÑO do autor Iago López. 

FICHA DO LIBRO

Tamén tiveron a sorte de coñecer ao autor,  posto que veu de visita ao colexio, para contarlles o conto, responder ás súas preguntas e asinarlles o libro. Pasárono en grande, poucas veces se ten ocasión de coñecer o autor dos libros que se len. 


 

VISITA DE MARÍA CANOSA AO COLEXIO

O alumnado de 3º e 4º leu o libro RUBICUNDO da autora María Canosa. E tiveron a sorte de coñecela en persoa, porque veu visitar ao noso centro. Deste xeito tiveron ocasión de escoitala e facerlle preguntas e para a súa ledicia asinoulles o libro cunha dedicatoria. 

Ficha do libro

Quedan aquí as fotos da súa visita:  

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free digital slideshow

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE AS NEVES

Os nenos e nenas de infantil foron convidados a asistir na Biblioteca de As Neves a unha sesión de contacontos. Gustoulles un montón e queremos deixarvos aquí as fotos do evento. 

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
A free digital scrapbooking design by Smilebox

O DÍA DA BIBLIOTECA

    O 22 de outubro celebrábase o día das bibliotecas e non quixemos deixar pasar o día sen facer unha pequena actividade. Todos os cursos do centro pasaron pola biblioteca para recordar as normas de uso da biblioteca, para coñecer un pouco mellor o seu funcionamento, recordarnos que temos a biblioteca a nosa disposición, para ler libros nos recreos, consultar información para os nosos traballos e coller libros prestados para levar para os nosos fogares. Cada curso ten un recreo asinado para ir e coller algún libro en préstamos, pero iso non quita que se lemos o que levamos, non poidamos pasarnos por alí calquera outro día para devolvelo e coller outro que nos guste.  

 

 

 

5ª PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE CURTAS DE ANIMACIÓN

Como 5º curso consecutivo participamos no concurso de curtas de animación convocado ao abeiro do proxecta NÓS TAMÉN CREAMOS, que está promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Televisión de Galicia e a editorial OQO Editora.

Este ano o conto elexido foi

 

 

E así quedaron o noso título e as nosas persoaxes

 

Picade AQUÍ para ver a nosa curta.

 

E se queredes comparala con outras que están colgadas na web da Televisión de Galicia picade AQUÍ.

O BIGOTE DE MIMÍ

Aquí vos deixamos o enlace ás cancións de Luis Vallecillo baseadas no libro o Bigote de Mimí de Manuel María. 

https://www.youtube.com/channel/UCheW9UyjvUMl4ssxwY7hwHw

O libro estámolo lendo no colexio. E parécenos moi entretido. 

 

Tamén vos deixamos o enlace á páxina web.

http://www.luisvallecillo.es/

 

 

LECTURA DO MÉRCORES 4 DE NOVEMBRO

Este mércores tocoulles o turno a VERA e a MENCÍA para lerlles o conto aos nenos que se acercaron á biblioteca no recreo. 

O conto elexido foi 

 

LECTURA DO MÉRCORES 28 DE OUTUBRO

Hoxe no recreo tocoulle o turno a Miguel e a Raúl de 6ºB para lerlles o conto A Bruxa regañadentes, aos nenos e nenas que foron á biblioteca e tamén llelo foron contar aos nenos e nenas de Educación Infantil. 

Aquí vos deixamos unhas fotos destes momentos de lectura. 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet