Skip to Content

Visitas

Día da Familia

Día da familia de Anxi

Visita do Conselleiro de Educación

O venres 5 de maio recibimos a visita do Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, para informar das melloras que se van levar a cabo no centro, ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

Estes cambios centraranse inicialmente no cambio das fiestras. No futuro próximo está prevista a mellora da cuberta.

Clicando en "Ler Máis" podedes ver a noticia publicada na web da Consellería, e clicando na imaxe podedes ver as fotos da súa visita.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita do Conselleiro

Xornada de Portas Abertas

Cartel Cornada de Portas Abertas

Animación á lectura

O venres 16 de febreiro, o alumnado de primaria desfrutou dunha animación literaria tras as lecturas deste segundo trimestre:

Animación á lectura

Recíclate con Sogama

O martes 6 de febreiro, o alumnado de Educación Primaria participou na actividade de recíclate con Sogama, onde aprenderon sobre as tres R: reutilizar, reducir e reciclar.

Deixámosvos a presentación dixital, e as fotos da actividade:

Fonte: Sogama

Álbum: Curso 2023-2024 -> Recíclate con Sogama

Recordamos aos mestres e mestras que nos marcaron...

Como parte da celebración do noso 50 aniversario, querémoslle facer unha homenaxe a todos aqueles mestres e mestras que pasaron polo noso centro.

Se queres, podes nomear aos teus docentes favoritos facendo clic aquí: mestr@s.

 

Visita de Anxo Iglesias

O mércores 7 de xuño o escritor Anxo Iglesias visitou o alumnado de 3º e 4º.

Falounos da súa obra, da poesía, e xuntos crearon obras moi interesantes. 

50 aniversario.- Celebración formal

Con motivo do 50 aniversario, este sábado 3 recibimos ás autoridades educativas (inspección e xefe territorial) e locais, e inauguramos formalmente o mural da entrada e a nova placa do centro.

Amenizounos a xornada o grupo "Concertino" do Conservatorio Coppelia, de Vigo.

Agradecemos a todos os asistentes a súa presenza, e esperamos que pasaran un bo rato.

Clicando na imaxe podedes ver o álbum de fotos deste evento. 

Álbum: Curso 2022-2023 -> 50 aniversario

Navega con Rumbo, en 5º.

O alumnado de 5º de Educación Primaria participou na xornada divulgativa do programa "Navega con Rumbo", co obxectivo de guialos cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas coma o ciberacoso ou outros riscos da rede. 

Rede Ecocomedores

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut