Skip to Content

PDI: Vive nas Neves verde

Facendo ciencia coa natureza que atopamos polas Neves

Na nosa I feira da ciencia todo o alumnado estivo experimentando coa natureza das Neves. Aquí deixamos un par de fotos, pero podedes ver máis na seguinte publicación.

 

O proxecto da biblio comeza a andar!

Neste curso 22/23 o proxecto que se impulsa dende a biblioteca para todo o centro educativo é Vive nas Neves verde. É un Proxecto Documental Integrado (PDI) que busca coñecer o que nos ofrece a natureza nas Neves. Durante estes meses escolares implicámonos en varios proxectos relacionados con esa temática, como O monte nace na escola (proxecto impulsado polo concello), algúns contratos programa, coa modificación do patio exterior, cos Polos Creativos... De aí que considerásemos eses conceptos para investigar. Todo isto, tendo tamén presente os ODS 2030 que, nesta ocasión, imos a traballar en máis profundidade o 3 “Saúde e benestar” e o 15 “Vida de ecosistemas terrestres”.

 

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut