Skip to Content

Infantil

Educación Infantil cociña mini pizzas!

Neste mes de marzo o reto promovido dende o PDI: a cociña consiste en cociñar. O alumnado de Educación  Infantil fixo mini pizzas!

Proxecto "Exploradores del universo".

O alumnado de Infantil 2 está investigando moito sobre o universo.

A galiña no proxecto "Animais da casa".

O alumnado de Infantil 1, dentro do seu proxecto "Animais da casa", investigou moito sobre as galiñas. Cal será o seguinte animal que investiguen?

En que alimento se pode converter un triángulo?

O alumnado de Infantil 1 estivo traballando cos triángulos e reflexionando no alimento no que se podían converter. Aquí podedes ver as súas ideas!

O biscoito de Cocorico

 

O alumnado de Infantil 1 está aprendendo sobre os animais que conviven con nós. Entón, despois de investigar moito sobre as galiñas, leron o conto de Cocorico e como a esta personaxe lle gustan os biscoitos, estiveron buscando a receita dun para facer eles/as. Aquí podedes ver a elaboración.

O traballo dos disfraces de Entroido

 

O alumnado de Educación Infantil estivo traballando moitísimo no seu disfrace de Entroido! Estiveron estampando verduras e froitas no seu mandil; foron a aula de Polos Creativos a escribir o seu nome e a súa inicial para que a Plotter llos recortara no vinilo, que eles/as mesmos/as cargaron en dita impresora de corte; trasladaron eses vinilos ao seu mandil; "encheron" chourizas... Unha rapazada moi traballadora!

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut