Skip to Content

Blogues

Libros para as familias!

Familias! Lembrade que podedes visitar a nosa biblioteca de 9.15 a 10.00 h os martes e mércores e coller libros en préstamo para vós e para os/as vosos/as cativos/as. Algúns dos libros que podedes atopar para vós son estes:

 

Esperta a túa creatividade

A arte do "puntillismo".

O alumnado de 2º de Educación Primaria desenvolveu o "puntillismo" a través dos alimentos. Apreciade o seu gran traballo!

"A froita".

Aquí temos a poesía "A froita" coa que o alumnado de 2º de Educación Primaria estivo traballando nos últimos días.

Obradoiro de cociña

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, tivo un obradoiro de cociña, no que preparou o seu petisco de media mañá. Tocou facer biscoito de iogur! Saíron regular, pero estaban de ricos... 

Mesmos ingredientes, diferentes formas de facer, obtivemos uns ricos biscoitos que degustamos na hora de lecer.

Como di o conto de COCORICO: Picotí, picotá! Ai que rico está (ou estaba)!!!

Non quedou nin unha migalla!

 

Obradoiros de pulseiras

O alumnado de 5º e 6º de Educaci´no Primaria estivo elaborando pulseiras nun obradoiro da biblioteca!

"Decoramos madalenas"

O alumnado de 2º de Educación Primaria fixo un obradoiro de "decoración" comestible de madalenas!

Educación Infantil cociña mini pizzas!

Neste mes de marzo o reto promovido dende o PDI: a cociña consiste en cociñar. O alumnado de Educación  Infantil fixo mini pizzas!

Novos carteis na biblioteca histórica!

Estivemos renovando os carteis da biblioteca histórica cos nosos grandes recursos da aula de Polos Creativos! Pasamos dunhas letras de cartolina xa dobradas co tempo... A estes listóns con vinilo!

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut