Skip to Content

Primaria

Acceso público ás programacións

Dende Abril de 2024, toda a comunidade educativa terá aceso ás programacións pechadas e á concreación curricular do centro.

Para isto, deben aceder ao aplicativo PROENS, clicando na seguinte imaxe, e introducir o código do centro: 36005555.

Día da Familia

Día da familia de Anxi

Día do Libro 2024

Para celebrar o Día do Libro, cada aula elaborou o seu conto, e o compartiron cos seus compañeiros e compañeiras.

Clicando na imaxe podedes ver as fotos do día do libro, 23 de abril.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día do libro

Todo o alumnado admitido!!

Alumnado admitido Formalización

Froita na Escola

Aviso da ANPA: fotos

Aviso pago fotos

Avaliación de diagnóstico

Estimadas familias.

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º de educación primaria, que terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

Facemos biscoito

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º tivo un obradoiro de cociña, no que preparou a súa merenda. Tocou facer biscoito de iogur! Saíron regular, pero estaban de ricos... 

Mesmos ingredientes, diferentes formas de facer, obtivemos uns ricos biscoitos que degustamos na hora de lecer.

Como di o conto de COCORICO: Picotí, picotá! Ai que rico está (ou estaba)!!!

Non quedou nin unha migalla

Clicade na imaxe para ver as fotos dos nosos cociñeiros e cociñeiras en acción!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Facemos biscoito!

Xornada de Badminton

O alumnado de 5º e 6º participou nunha xornada de Badminton organizada pola agrupación deportiva ADECONPAR.

Varios alumnos e alumnas clasificáronse para disputar o Campionato zonal escolar que se disputará este sábado 23 de marzo no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas. Moita sorte!

Clicade na imaxe para poder ver algunhas imaxes do evento!

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Deporte Escolar

A arte do "puntillismo".

O alumnado de 2º de Educación Primaria desenvolveu o "puntillismo" a través dos alimentos. Apreciade o seu gran traballo!

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut