Biblioteca

Celebrando o día da muller

Para celebrar o día da muller (8 M) centramos o noso traballo nas mulleres deportistas. Estivemos investigando sobre elas; plasmamos a información nun mural, que logo xuntamos nun libro para a nosa biblioteca; e veunos visitar Vanesa Muiños, campioa europea de grappling.

 

 

Obradoiro de ilustración

Para celebrar o día da ilustración levouse a cabo un obradoiro co ilustrador Miguel Pérez.

Recomendacións polo día da poesía

POLO DÍA DA POESÍA, O CAL SE CELEBRA O 21 DE MARZO, RECOMENDAMOS ALGÚNS DOS POEMARIOS QUE TEMOS NA NOSA BIBLIOTECA.

CONCURSO: BÚSCASE LOGOTIPO PARA O NOSO COLE!

O día 30 de xaneiro celébrase o día da ilustración e aproveitamos ese data para proporvos este concurso.

Esperamos a vosa participación!

 

CONTACONTOS POLO NADAL

No noso cole, unha das actividades levadas a cabo na programación de Nadal, foi unha sesión de contacontos para o alumnado de Educación Infantil. Esta actividade foi organizada polo equipo de actividades complementarias e extraescolares, coa colaboración do equipo de biblioteca.

OBRADOIRO DE POSTAIS DE NADAL

Polo Nadal, dende biblioteca, desenvolveuse un obradoiro de postais e con elas traballamos os circuítos de cinta de cobre.

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS DO ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Aquí tedes as recomendacións de 5º de Educación Primaria para o mes de DECEMBRO.

 

 

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS POR PARTE DO ALUMNADO DE 6º A

O alumnado de 6ºA fainos unhas recomendacións de libros que podedes atopar na nosa biblioteca.

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o "día das bibliotecas" organizamos a SEMANA DA BIBLIOTECA. Ao longo da semana pasada todo o centro pasou pola biblioteca pública a facer unha visita.

Powered by Drupal - Design by artinet