Biblioteca

Mochilas viaxeiras

Comeza a aventura das mochilas viaxeiras! Cada clase terá a súa e irá paseando por todas as casas ao longo do curso. Esperamos que vos guste!

 

1º Día de biblioteca

Abrimos hoxe a biblioteca!

       

             

APERTURA DA BIBLIOTECA

A biblioteca do noso cole volve abrir as súas portas para todos/as!

Será o xoves 6 de outubro.

Todo o alumnado está invitado!

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS DE 4º EI

O alumnado de 4º de Educación Infantil recomenda algúns dos seus libros favoritos.

Podedes atopalos na biblioteca!

Visítanos Miguel Ángel Alonso Diz

Hoxe veu visitar Miguel Ángel Alonso Diz ao alumnado de 5º e 6º de EP e estiveron falando do seu libro Música no faiado.

 

 

O noso proxecto “Coidando o planeta, coido de min”

Durante este curso estivemos traballando diferentes obxectivos de desenvolvemento sustentable a través do proxecto documental integrado “Coidando o planeta, coido de min”.

Aquí vos mostramos o noso produto final.

Vestimos poemas

Para celebrar o día das letras galegas cada aula estivo traballando un poema de Florencio Delgado Gurriarán e unha das actividades finais foi separar dito poema en versos, que cada neno/a escribiu na súa camiseta, para despois xuntarse todo o alumnado do colexio e ensinar as súas camisetas poéticas.

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS DE 5º EI

O alumnado de 5º de Educación Infantil fainos unhas recomendacións de libros.

Actuación de Paco Nogueiras

Polo día do libro veu actuar Paco Nogueiras. Todos/as o pasamos xenial coas súas cancións!

Visítanos Olga Cuervo

Tivemos a visita de Olga Cuervo, quen nos estivo facendo unha animación á lectura moi dinámica.

Powered by Drupal - Design by artinet