Biblioteca

O proxecto da biblio comeza a andar!

Neste curso 22/23 o proxecto que se impulsa dende a biblioteca para todo o centro educativo é Vive nas Neves verde. É un Proxecto Documental Integrado (PDI) que busca coñecer o que nos ofrece a natureza nas Neves. Durante estes meses escolares implicámonos en varios proxectos relacionados con esa temática, como O monte nace na escola (proxecto impulsado polo concello), algúns contratos programa, coa modificación do patio exterior, cos Polos Creativos... De aí que considerásemos eses conceptos para investigar. Todo isto, tendo tamén presente os ODS 2030 que, nesta ocasión, imos a traballar en máis profundidade o 3 “Saúde e benestar” e o 15 “Vida de ecosistemas terrestres”.

 

RadioEmociónate. Actualizado

O venres 7 de outubro o alumnado de 5º e 6º participou na gravación dun programa de radio na biblioteca do centro. 

Previamente, compartimos con vós diversas imaxes e momentos da grabación. 

Hoxe, deixámosvos o programa enteiro, para que desfrutedes da maxia da radio.

O noso cole foi seleccionado no programa "Radio na Biblio"!

Neste curso 22/23 comezamos a aventura na nosa radio escolar, xa que fumos seleccionados no programa de Radio na Biblio. Que alegría!

Maleta viaxeira da ciencia

Durante este mes de novembro, desfrutamos da maleta viaxeira da ciencia que nos prestou o CFR de Ourense.

Mes da ciencia

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, de aí que no noso cole vaiamos facer a nosa particular feira da ciencia, pero para chegar a iso, temos que saber previamente que queremos mostrar aos/as compañeiros/as. Aquí podedes ver un dos lugares onde temos o material para que o alumnado e profesorado escolla.

Compartindo historias de medo

Despois de recompilar contos de medo do noso concello, compartimos esas historias entre todos/as os/as nenos/as do noso cole.

Maleta viaxeira banda deseñada

O CFR de Ourense deixounos a maleta viaxeira "banda deseñada" e entre o mes de setembro e outubro estivemos desfrutando dela polas bibliotecas de aula.

 

Biblioteca de aula

Están listas as caixas para os préstamos de aula! Irán e virán con libros da biblioteca central a biblioteca de aula mensualmente ou cando os proxectos o requiran!

NOVIDADES NA NOSA BIBLIO!

Aquí podedes ver algunhas das novas incorporacións da nosa biblioteca. Achegádevos e atoparedes moitas máis!

Powered by Drupal - Design by artinet