Skip to Content

COLABORADORES/AS DE COMEDOR

 

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamento.

Aquelas nais/pais, titores legais ou acolledores legais que contedes con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

 

  • As condicións do traballo son as seguintes:
  • Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas
  • En horario de 14:150 a 15:30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 
  • En horario de 15:30 a 16:30 faranse quendas de colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses , pais ou os mestres de garda da tarde
  • A relación laboral será de colaborador/a – voluntario/a.
  • Asinase un documento de colaboración.
  • Debe achegarse certificación negativa do rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
  • Cobrarase 12,50 euros día que a Consellería aboará trimestralmente.

 

SOLICITUDE COLABORADOR/A

 



page | by Dr. Radut