Ola familias.
Remata un ano difícil para todos pero cheo de moitas razóns polas que sentirnos satisfeitos e orgullosos do traballo e da responsabilidade mostrada polo noso alumnado.
Este ano queríamos facer unha felicitación distinta na que participara todo o alumnado . Fíxose con motivo da celebración do día da discapacidade utilizando a linguaxe de signos e esperamos que vos guste.
Esperamos e desexamos que o 2021 nos traia todo aquilo que non puidemos disfrutar neste ano que remata:saúde, abrazos, bicos, moitos sorrisos, felicidade...
Deixovos coa felicitación: BO NADAL E FELIZ ANO