Skip to Content

CURSO 2020-2021

Benvidos ao curso 2020/2021

Comunicámoslle que o día 10 de setembro, nos horarios e coa organización  que se publicarán a semana próxima, comezará a actividade lectiva para os niveis de 4º de E. infantil, 5º de E. infantil, 1º, 2º e 3º de E. Primaria.
O venres, día 11, comezarán os alumnos de 6º de E. infantil, 4º,5º e 6º de E. Primaria.

Informámoslles ás familias do alumnado de E. Infantil que debido as circunstancias excepcionais polas que estamos atravesando neste inicio de curso e de xeito excepcional, ao alumnado de 5º Infantil e 6º de infantil se lle aplicará un breve período de adaptación do cal se informará unha vez celebrado o Consello Escolar do centro.
En ambos casos, as entradas e saídas, horarios e organización -en atención ao Protocolo COVID que elaborou o centro segundo o Protocolo e as Instrucións da Consellería- son moi distintas e diferentes a anos anteriores polo que pregamos que a partir do venres, día 4, todas as familias consulten na nosa páxina web todo o referido a este tema: entradas, protocolo, transporte...
Ao tempo, lembramos a obriga imposta desde a Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade, da prohibición para que calquera pai/nai de E. Primaria acceda ao centro, sexa recinto interior ou exterior (patio) sen a debida autorización por parte do centro.

No caso de Educación Infantil, o alumnado só poderá ir acompañado dun único adulto.

 



page | by Dr. Radut