Skip to Content

SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE CURSO 2019-20

Ábrese o prazo para solicitar transporte e comedor para o curso 2019 - 2020. O prazo de entrega de solicitudes remata o 30 de Abril. Lembrámoslles  que as solicitudes de comedor deberán vir acompañadas da documentación necesaria segundo o criterio polo que se solicite ( padrón, certificados de traballo dos pais e nais, certificado de familia numerosa, certificado de servizos sociais).

Asemade, ábrese o prazo para presentarse como colaborador/a de comedor.

 

Informacion comedor e transporte

Solicitude Transporte Extraordinario. Bus 11 e as paradas do 6 (C.Aforros e Fontenova) máis todos aqueles que fagan uso dun bus que non lle perteza por padrón

Solicitude Transporte Ordinario.

Solicitude Comedor.

Permiso para Solicitude Padrón (entregar no centro).

 

COLABORADOR/A DE COMEDOR

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamento ao inicio de curso. Aquelas nais/pais que teñades aos nenos no comedor e contedes con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

As condicións do traballo son as seguintes:

-        Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas.

-        En horario de 14,20 a 15,30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 

-        En horario de 15,30 a 16,00 faranse quendas de tres colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses ou pais ou os mestres de tarde.

-        A relación laboral será de colaborador/a – voluntario/a. Cobrarase 9,39 euros día que a Consellería aboará trimestralmente.

Solicitude de Colaborador/a Comedor

 



page | by Dr. Radut