Ábrese o prazo para solicitar transporte e comedor para o curso 2018 - 2019. O prazo de entrega de solicitudes remata o 30 de Abril. Lembrámoslles que as solicitudes de comedor deberán vir acompañadas da documentación necesaria segundo o criterio polo que se solicite ( padrón, certificados de traballo dos pais e nais, certificado de familia numerosa, certificado de servizos sociais).
Asemade, ábrese o prazo para presentarse como colaborador/a de comedor.
INFORMACIÓN AS FAMILIAS
IMPRESOS DE SOLICITUDE
Solicitude transporte Ordinario.
Solicitude Transporte Extraordinario.
Permiso para Solicitude Padrón (entregar no centro).
COLABORADOR/A DE COMEDOR
Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamento ao inicio de curso. Aquelas nais/pais que teñades aos nenos no comedor e contedes con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.
As condicións do traballo son as seguintes:
- Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas.
- En horario de 14,20 a 15,30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo.
- En horario de 15,30 a 16,00 faranse quendas de tres colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses ou pais ou os mestres de tarde.
- A relación laboral será de colaborador/a – voluntario/a. Cobrarase 9,39 euros día que a Consellería aboará trimestralmente.