Skip to Content

AVISOS:

Últimos avisos:

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

COMEDOR ANEXO II

 BECAS CONCELLO ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL

Fai click para descargar a documentación: PDF 1   PDF 2  PDF 3

Programa PROA

O programa PROA pretende: potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado mellorando as expectativas sobre as súas propias capacidades; axudarlle na formación do seu autoconcepto e na súa integración social; facilitar a continuidade na progresión da acción educativa; incrementar a relación e a comunicación coas familias, favorecendo así a súa implicación no desenvolvemento dos seus fillos e das súas fillas, etc.

As características máis salientables deste programa son as seguintes:

 
  • É unha acción dirixida ao alumnado que presenta dificultades relacionadas coa ausencia de hábitos de traballo, escaseza de motivación, atraso no proceso de maduración persoal, pobre integración no grupo e no centro, aprendizaxe deficiente das áreas instrumentais e que por diversos motivos (por exemplo, laborais) non pode recibir o apoio e reforzo que precisa no seo da súa familia; aínda que exista a vontade de facilitar esta axuda.

  • Pretende reforzar as competencias básicas, mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura, reforzar a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, alentar ao estudio e propoñer formas de traballo eficaces.

  • Cada grupo estará ao cargo dun mestre ou mestra, que realizará o acompañamento fóra do horario lectivo do centro, dous días á semana para o alumnado de terceiro e cuarto de primaria, e outros dous días para o alumnado de quinto e sexto de primaria.

  • As familias deben dar o seu consentimento por escrito á participación dos seus fillos e fillas no programa, considerándose a asistencia e permanencia, dalgunha maneira, como un compromiso en firme, do que en gran medida vai depender o éxito do programa. Así mesmo, deben comprometerse no apoio e motivación ás actividades que se desenvolven no programa durante a duración do mesmo.

 

AdxuntoTamaño
RESOLUCIÓN CONTRATOS PROGRAMA 2018-2019.pdf987.75 KB


AGUEIRO do Cole

Facebook do Cole

Estamos en Youtube

page | by Dr. Radut