Últimos avisos:
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
BECAS CONCELLO ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL
Últimos avisos:
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
BECAS CONCELLO ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL
PLAN PROXECTA+
O Plan Proxecta+ é unha iniciativa na que participamos, dirixida a fomentar a innovación educativa a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial e que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
PLAN PROXECTA: A MILLA DIARIA
Con este programa pretendemos incrementar a actividade física que realiza o alumnado, tanto dentro como fóra do centro, para o que realizamos unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo.
PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA
Programa para a promoción da mobilidade segura e sostible entre o alumnado e a comunidade educativa, que consiste en desenvolver un proxecto relacionado cos cambios nos hábitos de desprazamentos cara a modelos máis seguros, activos e sostibles, e á creación de valores seguros coma peóns, ciclistas ou usuarios dos diferentes medios de transporte.
PLAN PROXECTA: ALIMÉNTA-T BEN. NUTRIESCOLAS
O proxecto “Aliméntate ben” forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia) da Dirección Xeral de Saúde Pública.
As modalidades de "Aliméntate ben" buscan que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro.
No colexio traballamos as modalidades:
"Froita na escola"
"Lácteos na escola"
"Fai clic al teu bocata"
"Ti si que es un bo peixe"
PLAN PROXECTA: VEXO VEO XACOBEO
Programa educativo multidisciplinar para achegar ao alumnado ao significado e os valores do Camiño de Santiago e do Xacobeo e traballar, en 1º e 2 º de primaria, estes conceptos que forman parte da súa contorna social e cultural.
PLAN PROXECTA: APUNTÁMONOS A NON BEBER
Con este programa pretendemos concienciar ao noso alumnado de sexto de primaria dos perigos do consumo das bebidas enerxéticas e demáis substancias nocivas, e da publicidade subliminal que esconden os anuncios publicitarios deste tipo de produtos.
PLAN PROXECTA: O MONTE VIVO
O obxectivo do programa é fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais e a concienciación sobre a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto á diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte e da calidade das augas, do ocio...