PDI: Espallando saberes

OBRADOIRO DE LA CON AGARIMO

O venres 24 de maio, en colaboración coa ANPA do colexio, as nenas e os nenos aprenderon  a traballar a la, para facer pulseiras e colares. Desireé de La con Agarimo explicoulles como se tecía antes de facelo coas agullas e o alumnado de cuarto, quinto e sexto de ed. primaria axudaron aos máis pequerechos do cole. Unha mañá moi entretida.

Preme na imaxe!

INSTRUMENTOS TRADICIONAIS

Velaquí vos deixamos un vídeo que sobre os traballos realizados polos nenos e nenas de quinto e sexto sobre os instrumentos tradicionais galegos.

Podcast Luisa Villalta

Co fin de coñecer máis a Luisa Villalta, autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas, alguns nenos e nenas do colexio gravaron distintos Podcast sobre a vida e a poesía da autora.
 
 
<

LETRAS GALEGAS 2024

Co motivo das Letras Galegas, entre outras moitas actividades, estívose traballando a música tradicional galega en educación musical. Preparáronse uns bailes que son o resultado da fusión entre o baile tradicional e o actual. Algún alumnado voluntario de sexto de ed. primaria, interpretou ademais, O Cantar do Liño, unha cantiga tradicional que se utilizaba antigamente nas tarefas de mazar o liño.

Bailes:

-Muiñeira de Picota de Xavier Díaz.

-Aire de Tanxugueiras.

-Troupele de Mondra.

VISITA DE MONDRA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, realizamos distintas actividades no centro.

OBRADOIRO CON CHARO PITA

O alumnado de quinto e sexto de educación primaria, desfrutou o mércores 15 de maio dun obradoiro de expresión oral impartido por Charo Pita.

Moitas grazas Charo Pita por acompañar e ensinar aos nenos e as nenas dos colexio dos Tilos,  esa grande faceta túa de expresión e comunicación. Seguro que nos será de gran axuda para futuras locucións en RadioTilandra.

CONFERENCIA EDUCACIÓN S-XXI-

O alumnado de 5º e 6º do centro, participou nun encontro online co prestixioso psicólogo clínico Rafael  Santandreu. A charla promoveuna A Fundación A banca co título:" El arte de no amargarse la vida". Nela Santandreu explicoulles a importancia de adestrar o cerebro para que pase de situacións de nerviosismo á tranquilidade; do medo á despreocupación e da timidez á extraversión. Unha temática moi interesante e amena.

 

SEMANA DO LIBRO

O 23 de abril é unha data importante no calendario escolar. Este curso, celebramos O Día do Libro con distintas actividades ao longo da semana:

-Ilustración de portadas: cada neno ou nena do cole, debuxou a portada do seu libro favorito.

-Librotendal: coas portadas elaboramos a montaxe dunha varanda para decorar a carballeira do centro.

-Mercadillo: expurgo na biblioteca, para o troco de libros por portada ou reseña.

-Booktubers: gravacións en vídeo de recomendacións lectoras

-Apadriñamento e amadriñamento de lectores: o alumando de 6º, 5º, 4º, e 3º de ed. primaria compartiron lectura cos máis pequerechos do colexio.

Preme na imaxe e verás o acontecido.

VISITA Á CASA DE ROSALÍA

Ao longo do curso, o alumnado do colexio visita a Casa de Rosalía de Castro. É a quenda de terceiro e cuarto de educación primaria. Esta actividade realízase en colaboración co Concello de Teo.

Powered by Drupal - Design by artinet