PDI: Diferentemente iguais

Ao longo do curso 2022 – 2023, desenvolverase un novo Proxecto Documental Integrado titulado Diferentemente Iguais”.

A través dos contos, tratarase de inculcar entre o alumnado o respecto polas diferenzas entre iguais e a convivir de xeito pacífico cos compañeiros e co profesorado nas actividades educativas diarias. Para acadar estes obxectivos, dende a Biblioteca e, en colaboración co resto dos equipos, deseñaranse actividades nas que poida participar toda a Comunidade Educativa.

 

 

 

VISITA DE LEDICIA COSTAS

A escritora Ledicia Costas, visitou esta semana o colexio dos Tilos. Presentou ao alumnado de terceiro de ed. primaria, a colección dos "Minimortos". Conversou con eles e contestou a súas preguntas acerca do libro "Escola de salvaxes". Ledicia dedícase dende moi nova a creación literaria. Este ano colabora coa RAG, na páxina infantil Primavera das Letras adicada este 2022 ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.

 

VISITA DE SUSANA ILLERA MARTÍNEZ

O alumnado de terceiro recibiu entusiamado a visita da escritora Susana Illera Martínez. O equipo editorial de Disney, seleccionou á Susana para escribir unha adaptación da película "Encanto" para o público infantil. Así naceu o libro bilingüe "El don de una familia/ The gift of family". No 2020 foi galardoada polo seu primeiro libro infantil ‘Lala, a Different Kind of Lizard’nos International Latino Books Awards

PAKOLAS

No día de hoxe tivemos unha visita moi bailadeira. O autor, musico e compositor Paco Cerdeira achegouse ao noso cole,  a presentarnos o seu espectáculo "Rockeando con Ramona Órbita".

Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido. A vindeira semana subiremos máis imaxes a galería da web.

BAILE DAS LETRAS

Ao longo do mes de maio, e coa axuda da mestra de Educación  Musical, os nenos e nenas do colexio dos Tilos, prepararon unha coreografía dunha canción das Tanxugueiras. Esta actividade formou parte das realizadas para a celebración das Letras Galegas.
 
 

Visita Paco Barreiro

O venres 29 de abril, visitounos o escritor Paco Barreiro, autor de  "O Pirata Ataripo". O alumnado de cuarto desfrutou dunha charla moi amena e participativa.

                 

 

OBRADOIRO MUNDO BICHOS

Ao longo da semana, visitaron o colexio uns seres pequerechiños que nos sorprenderon. Poidemos tocar: tarántulas, alacráns, insectos pao, insectos folla, vacalouras...Miguel Santamaría, entomólogo santiagués, acercou ao alumnado do colexio ao mundo dos invertebrados. Velaquí tedes unhas imaxes divertidas sobre o acontecido.

 

 Salón de Fiestas Mundo Bichos - Home | Facebook

OBRADOIRO XOGOS DO MUNDO

O venres 8 de abril, o alumnado do CEIP Plurilingüe Os Tilos desfrutou dunha actividade enriquecedora de carácter lúdico. O equipo de extraescolares, en colaboración co concello e Os Biosbardos organizaron a xornada. Se premes na imaxe, terás acceso a Galería da Web.

Entrevistas peregrinas

 
 
O alumnado de quinto de educación primaria prepararon unhas entrevistas para distintos persoeiros da época medieval, personaxes que destacaron pola súa aportación ao Camiño de Santiago. En grupos buscaron distint@s homes e mulleres do camiño, prepararon un guión, desenvolveron o traballo plástico e para rematar a través das Tics culminaron a tarefa coa elaboración de varios vídeos.
 
 
 
 

SEMANA DA PRENSA

Do 7 ao 11 de marzo é a data fixada como "A semana da Prensa", aínda que ao longo de todo o curso, traballamos con diferentes recursos para integrar aos medios de comunicación na aulas. Nas distintas áreas lingüísticas,  o alumnado elabora noticias, analiza novas que aparecen na prensa relacionados con distintos temas, prepáranse preguntas para unha entrevista, recompílanse novas para elaborar un mural... Imos a reflectir nesta páxina algúns dos traballos realizados para a conmemoración.

-O alumnado de quinto realizou unha entrevista a Pere Tobaruel e exerceron o labor de maquetar coma se fose un xornal.

Powered by Drupal - Design by artinet