PDI: Espallando saberes

VISITA Á BIBLIOTECA DOS TILOS

O alumnado de primeiro e segundo de Ed. Primaria do colexio, visitou a biblioteca dos Tilos.

Rosalía 2024 #oamorapatriagalega

Cada 23 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro. O lema deste curso da AELG foi #oamordapatriagalega. Os nenos e as nenas do colexio, representaron con debuxos unhas estrofas que forman parte do libro "Cantares Gallegos". Asemade en Radio Tilandra o alumnado de 1º de educación primaria, gravou os versos que acompañan os debuxos. Para que o alumnado tivese un recordo deste día, elaboramos unha chapa coa axuda do grupo de traballo de polos creativos. Previamente convocamos un concurso para elexir a ilutración da chapa.

 

Recitando a Rosalía

Co gallo do Día de Rosalía, os nenos e as nenas de cuarto de primaria, visitaron Tilandra nas Ondas para recitar o poema "Adios ríos, adios fontes" .

 

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS

O alumnado de 5º de educación primaria, dentro das actividades programadas en febreiro, co gallo do 11F Día da muller e a nena na ciencia, visitou a Casa das Ciencias. Situada no parque de Santa Margarida na Coruña, consta dun planetario e tres andares con distintas exposicións. Unha mañá moi entretida, con experiencias de física, exposición de péndulos e exposición sobre astronomía. 

OS XENERAIS DOS TILOS

Os xenerais do Ulla é un dos espectáculos máis destacados da contorna. Elegantemente vestidos, as nenas e os nenos  de primeiro do colexio, comezaron a mañá do desfile cos famosos vivas. A literatura popular e a música son as partes máis importantes do patrimonio inmaterial de tradición oral dos Xenerais da Ulla nas que destacan os “vivas” e as coplas. Os coñecidos como “vivas” expresan un desexo de vida, sorte e prosperidade. 

 

A HISTORIA EN FEMININO

O mércores 21, Ana Hermida da asociación Lisístrata, visitou o noso centro para celebrar o 11-F Día da muller e a nena na ciencia. A actividade "A historia en feminino", consistiu nun monográfico sobre mulleres referentes no ámbito científico.  Participou  o alumnado dende 1º ata 6º de educación primaria.

 

 

CATA DE QUEIXO

O alumnado de 2º de educación primaria, participou nunha cata de queixos e produtos lácteos, co selo de Galicia Calidade, da man da catadora Salomé Beiroa, e acompañados polas súas mestras-titoras.

Esta iniciativa que se presentou hoxe no Ceip Plurilingüe Os Tilos e que se extenderá a outros centros do concello, foi inaugurada pola alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez acompañadas da concelleira de educación María Vazquez.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O alumnado de quinto e sexto de primaria, recibiu a visita de Paula López, directora adxunta do CITIUS. A misión do CITIUS é a mellora da sociedade a través das tecnoloxías intelixentes. A charla ten como obxectivo dar visibilidade ás mulleres que traballan no mundo da ciencia. Paula explicoulles, en que consiste o traballo do CITIUS e en particular o dela. 

Moitas grazas pola visita!

Powered by Drupal - Design by artinet