Iniciar sesión: Acceso

Actividades EDLG

Día Internacional contra a violencia de xénero

O día 25 de novembro celebramos o "Día internacional contra a violencia de xénero" asistindo a unha representación do conto Maruxa de OQO de Eva Mejuto no que quedan de manifesto os valores de compartir e valorar aos demais. Gozamos tamén dunha versión moi marchosa de este conto que fixeron os alumnos doutro cole. E elaboramos unhas pulseras coa mensaxe: TODO@S IGUAIS E TOD@S DIFERENTES.

A dobraxe na escola

De novo 3º e 4º de Primaria gozou dunha interesante actividade da Concellería de NL e o Concello que tivo como finalidade achegarlles aos nenos e nenas, dun xeito ameno e didáctico, o mundo da dobraxe. Primeiro, os actores e dobradores, Manuel Pombal e Suso Pando, fixeron un xogo dramático moi divertido no que nos mostraron os pasos da elaboración dunha película; desde a creación do guión ata a súa dobraxe. Logo, sen abandonar o ton lúdico e teatral, presentáronnos aos personaxes do “mini capítulo” que logo dobramos. Acto seguido, ensaiamos todos xuntos un fragmento da película, aprendendo a encaixarmos as propias voces nas bocas dos personaxes. Cando xa tiñamos os/as dobradores/as.iLemos o guión, ensaiamos, axustamos e... Silencio! Imos gravar! Gravamos... e, moi sorprendidos/as, escoitamos o resultado.

 

Elaboración de sacos aromáticos

O Concello e a Concellería concedeunos esta actividade para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e a través da exposición de dez plantas aromáticas falamos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes... E para rematar fixemos os nosos propios sacos de olor con diferentes herbas.

 

Obradoiro de plastilina

Con produtos de uso cotián como son a auga, a fariña, o aceite ou os colorantes alimentarios, elaboramos un produto natural, semellante a plastilina que logo levamos para casa. Dende a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitíronnos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...). Outra actividade concedida pola Concellería de NL e o Servizo de NL do Concello de Vigo.

 

O soño de Esther

Nesta ocasión a Concellería de NL e o Concello de Vigo concedérennos unha nova e diferente actividade para os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria. Baixo a idea de que os contos están para vivilos, Miguel Ángel Alonso Diz, achegounos historias coas que aprender dun xeito divertido as vogais, os puntos cardinais, os números e o amor pola nosa lingua. Acompañado dun obradoiro de “pintar con luz ou lightpainting”, coa que o alumnado trazou vogais no aire, letras ou debuxos.

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: