Educación Infantil
Educación Infantil
Enviado por admin o Mér, 08/09/2021 - 05:40Periodo de adapatación de Educación Infantil
No seguinte arquivo tedes toda a información do periodo de adaptación de Educación Infantil para os nenos e nenas de 3 anos.
Saúdos
Clase maxistral de 5º de E. P. sobre os Celtas
Enviado por Anónimo o Lun, 28/03/2016 - 06:00Os alumnos de 5º puxeron moita ilusión en aprender todo o relacionado coa época dos celtas para compartilo cos peques de E. Infantil. Despois de ilustrarnos con moita e interesante información agasalláronnos un bonito símbolo celta para colorear.
Grazas compis!!!
Obradoiro de plastilina
Enviado por Anónimo o Dom, 22/11/2015 - 20:22Con produtos de uso cotián como son a auga, a fariña, o aceite ou os colorantes alimentarios, elaboramos un produto natural, semellante a plastilina que logo levamos para casa. Dende a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitíronnos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...). Outra actividade concedida pola Concellería de NL e o Servizo de NL do Concello de Vigo.
Obradoiro xogos musicais
Enviado por Anónimo o Dom, 22/11/2015 - 19:47Grazas á Concellería de NL e ao Servizo de NL do Concello de Vigo, as Abelliñas, as Tartarugas e os Pitufos gozamos dun obradoiro destinado a fomentar o desenvolvemento psicomotriz e musical. E fixémolo, co galego como idioma vehicular, con melodías sinxelas, cancións repetitivas e danzas acompañados de diferentes instrumentos.
Uns ricos granizados!
Enviado por Anónimo o Xov, 11/06/2015 - 19:27Nesta ocasión quixemos comprobar a importancia da auga na cociña e con moi pouquiños ingredientes fixemos uns granizados de laranxa e de sandía.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »