Iniciar sesión: Acceso

Educación física

Campionato Campo a Través

Como xa fixéramos o ano pasado, o noso cole participou na Xornada do Campionato de Campo a Través celebrada no parque de Castrelos.

Ademais de correr, os nosos nenos superaron o medo a participar nunha competición, compartiron experiencia con nenos doutros coles, esforzáronse por chegar á meta, axudaron a aqueles que o necesitaron e o que é mellor gozaron facendo deporte!!!!

 

Hip-hop o Sello

A Escola de Baile Pasos visitou o noso centro para dar unha masterclass de hip hop aos nosos alumnos.

O hip-hop​ é unha cultura e movemento artístico orixinado no Sur do Bronx e Harlem, na cidade de Nueva York, entre os xoves afroamericanos e hispanos durante a década de 1970.​ O término hip hop úsase a miúdo para referirse ao estilo musical (tamén coñecido como rap), considerase que o hip hop non soamente se reduce ao ámbito musical e polo contrario consta de catro elementos: rap (oral: recitar ou cantar), turntablism o "DJing" (auditiva ou musical), breaking (físico: baile) e graffiti (visual: pintura).

A continuación podemos ver uns vídeos do traballo realizado, moitas grazas pola visita!

 

 

Visita A.D Carballal

Como todos os anos, os adestradores do equipo A. D. Carballal visitáronnos co obxectivo de que o noso alumnado coñeza un pouco mais o seu club.

Como sempre foi un pracer e o pasamos xenial.

Experiencias deportivas

Durante o mes de novembro recibimos as visitas de adestradores de bádminton e balonmán, co obxectivo de dar a coñecer un pouco mais os seus deportes e animar aos nenos a practicalos no seu tempo de lecer.

O adestrador do Club Deportivo Rachaplumas de bádminton, Juan Vila, ensinounos un pouco de historia deste deporte e tamén unhas nocións básicas de golpeo.

Pola outra banda, os adestradores do Club Deportivo Carballal fixéronnos moitos xogos cos que gozamos do balonmán.

Se premedes nos enlaces poderedes acceder as fotos:

Bádminton            Sorriso            Balonmán

Visita Club Petanca Cabral

No último mes do curso tivemos a sorte de recibir a visita do Club Deportivo Petanca de Cabral, onde a profe Chus participa como xogadora. A experiencia resultou moi motivante, e moitos dos nosos alumnos resultaron ser grandes xogadores.

 

 

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: