Iniciar sesión: Acceso

Complementarias

Semana do Libro

A semana do 18 ao 22 do mes de abril celebramos a Semana do Libro no noso cole con diferentes actividades. "Os luns ao sol" é unha actividade que levamos a cabo tódolos luns dende hai meses na que, se o tempo o permite, o alumnado de 5º e 6º de E. P. le ao alumndo de E. I. no patio escolar xunto ao resto de niveis. Ademais, como cada mércores, fixemos o "Apadriñamento lector" no que os maiores len ou representan un conto aos máis cativos. Ao rematar a semana chegou o turno dos mestres que leron contos en diferentes linguas: galego, castelán, inglés, francés e italiano. Ademais, resolvemos a pregunta do concurso "Elemental, Querida Libroreta" e foi Noa Costas Estévez de 5º de E.P. a gañadora deste concurso. Noraboa Noa!!!

Salón do Libro

Este ano o Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra abriu as portas da súa XVII edición baixo o lema "Canta bichería!". Ata alí achegámonos a meirande do alumnado do noso centro para aprender moitas curiosidades sobre moi distintos tipos de animais (salvaxes, domésticos, acuáticos, polares, insectos...) e gozar desta divertida experiencia!

Semana da prensa

A semana do 7 ao 11 de marzo celebramos a Semana da Prensa e que mellor xeito de facelo que asistindo a unha actividade do Faro na Escola na que participamos na entrevista de 3 emblemáticos deportistas: Chus Lago, Vlado Gudelj e Óscar Pereiro.

Ao longo da semana traballamos tamén sobre distintas noticias relacionadas co noso proxecto anual "Costumes e tradicións galegas" e durante o recreo radiámolas para todo o centro.

Ademais tivemos a oportunidade de consultar diferentes xornais das catro provincias da nosa Comunidade e establecer comparacións entre eles.

Excursión de fin de curso

Este ano o destino elixido para a nosa excursión de convivencia foi a vila mariñeira de Baiona. A Fortaleza de Monterreal, a carabela Pinta ou o casco histórico foron algunhas das nosas paradas. Ademais comimos no monte e gozamos tamén do parque no paseo da Palma. Sen dúbida, pasamos un marabilloso día!

Consumópolis

Consumópolis é un lugar con acceso a información e actividades sobre o Consumo Responsable.

O obxectivo de Consumópolis é ofrecer unha ferramenta práctica e dinámica que contribúa ao desenvolvemento integral de actuais e futuros consumidores.

O noso alumnado de 5º e 6º de primaria comenzou neste mes a súa participación no concurso, como podedes observar no seguinte vídeo:

 


Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: