Iniciar sesión: Acceso

Complementarias

O traballo de Libroreta

Queredes ver todo o que traballou libroreta neste curso?

Queredes saber cales son as recomendacións lectoras para este verán?

Queredes ver a revista Sardomela número 21?

Premede na cabeza de Libroreta para poder acceder ao seu Blogue.

 

 

Inauguración oficial do comedor e dos novos aseos dos rapaces

O pasado 22 de febreiro recibimos a visita de numerosas autoridades para a inauguración oficial do comedor e dos novos aseos.

 

Contamos coa presenza do alcalde de Vigo Abel Caballero, do Xefe Territorial César Ares, do Inspector do noso centro Enrique Prado, da Conselleira de Educación Olga Alonso e do Conselleiro de parques, xardíns e distritos Ángel

Froita na escola

Como cada ano, o noso centro solicitou a distribución de froita fresca ofertada polo proxecta ALIMÉNTATE BEN para todo o alumnado de E.I. e E.P. Esta solicitude foinos recentemente concedida, polo que  a partir deste 2º trimestre e tamén ao longo do 3º trimestre, contaremos coa repartición e o consumo desta rica e saudable froita fresca.

 

Festival de Nadal 2016

Unha "Danza medieval" con moita marcha, un delicado baile en "Diciembre", un clásico "All you need is love", uns "Príncipes traviesos", moita marcha con "Last Christmas", unha versión moi cañera titulada "Ven o Nadal", un "Mix de Nadal" para os mais cativos, unha panxoliña en bable sobre "Os reis magos", unha brillante actuación para desexarnos "Feliz Navidad", cheos de ilusión "O mesmo recitamos que rapeamos" e o mítico "Jingle Bells" como broche final, fixeron as delicias do noso festival de Nadal 2016.

FELIZ ANO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!

 

Unión Musical de Cabral

Como cada comezo de curso a Unión Musical de Cabral deleitounos cun fantástico repertorio musical neste caso cheo de bandas sonoras cinematogáficas.

Foi unha delicia escoitalos!

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: