Iniciar sesión: Acceso

Ponte nas Ondas 2022

Neste principio de ano recibimos a visita de PONTE NAS ONDAS, para coñecer e aprender o funcionamento dunha radio. Foi unha actividade moi enriquecedora para o alumnado de Primaria, facendo gravacións de música, contar relatos, improvisar, cantar cancións, rapear,etc.. Deixamosvos un resumo fotográfico de dita actividade, saúdos.

        

Volta ao cole, no novo ano 2022

Benvida de novo a toda a Comunidade Educativa do Ceip O Sello; alumnado, profesorado,  familias, conserxe, empregadas/os da limpeza e oas compis do CEFORE de Vigo.

Desesarvos un ano 2022 cheo de boas expectativas e de grandes logros no profesional, no persoal e no familiar para todos e todas. Comezamos o segundo trimestre do curso 2021/22 con grande enerxías pero tamén acompañada coa pandemia do COVID-19. Selado

Estaremos atentos a calquer problema que surxa e informarvos o antes posible.

A continuación adxuntamos o menú de comedor do mes de xaneiro

Saúdos e apertas virtuais para todos e todas.

Á Radio polo Nadal

Estrenamos a nosa Radio Escolar este curso 2021/22 da man do alumnado de 1º e 2º EP.

Elaboraron uns programas de radio explicándonos as cousas que podemos visitar na nosa cidade Vigo durante o tempo de Nadal!

Clicade nos adxuntos para escoital@s e poñede ben atentas as vosas orellas!

 

MAGOSTO 2021

Boas noticias para a comunidade educativa do CEIP O SELLO. Cun pouco de retraso pero por fin  celebramos  O MAGOSTO este ano. No seguinte video podedes ver todos os xogos que fixemos. O Pasamos !!!XENIAL¡¡¡¡¡. Saúdos familias

           CEIP  PLURILINGÜE  O SELLO 2021

SAÍMOS Á RÚA PARA SENSIBILIZAR AO VECINDARIO SOBRE O 25 N

Quixemos compartir o noso traballo sobre o 25 N cos establecementos da contorna e co vecindario. Por iso, hoxe, 26 de novembro, SAÍMOS Á RÚA! 

Dende aquí queremos agradecer á:

  • Escola Técnica de Xoiaría do Atlántico
  • Farmacia Xiana Rodríguez
  • Librería Anacos de Leria
  • Clínica Veterinaria Ars Canis
  • Mercado de Cabral

Moitas grazas por acollernos tan ben!

E moitas grazas á policía, por acompañarnos polo camiño!

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: