Iniciar sesión: Acceso

Menú comedor mes de febreiro

Bos días , adxuntamos e remitimos o menú comedor de mes de febreiro

 

 

XORNADAS PORTAS ABERTAS

 

DENDE O VINDEIRO MARTES 1 DE FEBREIRO O CENTRO INICIA AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS A PARTIRES DAS 17:00 H. 

PREGAMOS PETICIÓN DE CITA A TRAVÉS DOS TELÉFONOS 886120265 OU 886120268.

                                                           VISITANOS!!

 

Admisión alumnado curso 22/23

Dende o martes 11 de xaneiro, iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros educativos para o vindeiro curso 2022-2023. Na primeira fase soamente afecta ao alumnado que cursa 6º de Educación Primaria co obxecto de reservar praza no noso instituto adscrito (IES Ricardo Mella).

Tedes toda a información premendo no cadro que aparece a continuación. Para mais dúbidas, chamade ao 886120268.

Actualización COVID

Achegamos un resumo do Protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico fronte a COVID nos centros educativos vixente dende o 14 de xaneiro de 2022.

 

No cadro inferior tedes a documentación oficial na que se basea.

PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE  AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO  EDUCATIVO NON  UNIVERSITARIO DE GALICIA

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2  CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE   EDUCACIÓN PRIMARIA



Ponte nas Ondas 2022

Neste principio de ano recibimos a visita de PONTE NAS ONDAS, para coñecer e aprender o funcionamento dunha radio. Foi unha actividade moi enriquecedora para o alumnado de Primaria, facendo gravacións de música, contar relatos, improvisar, cantar cancións, rapear,etc.. Deixamosvos un resumo fotográfico de dita actividade, saúdos.

        

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: