try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Adaptacións das programacións didácticas

Queridas familias:

Nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, establécese ,no punto 6.7, que os departamentos didácticos, equipos de ciclo e equipos docentes de cada curso, baixo a coordinación da dirección, coodinador de ciclo ou titor/a, adaptarán as programacións didácticas das ensinanzas correspondentes. 

No punto 6.13 di que as direccións dos centros responsabilizaranse da súa publicación na páxina web do centro nun lugar accesible a disposición de toda a comunidade educativa e de garantir a súa publicidade, seguindo o procedemento establecido polo centro (abalar móbil neste caso)

É por iso que nos adxuntos tedes todas as adaptacións por curso e materia.

Un saúdo

A dirección