try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.
Vente con nós! A que esperas?! Unha escola persoal e familiar. Non te arrepentirás! Concerta unha cita para visitarnos.

Benvidos!

"Maio: mes das letras galegas e dos maios"



O 17 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas,este é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada. Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia.

Este ano adicamos este día a Luisa Villalta, protagonista do Día das Letras Galegas do 2024. A Real Academia Galega elixiu nesta ocasión unha muller que destacou na poesía, no teatro, nos ensaios, e música sobre todo.

Aquí na web da primavera das letras, poderedes atopar moita información e xogos

E tamén este mes celebramos Os Maios



"Os maios" é unha celebración que festexa a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio". Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...ou elaboranse tamén alfombras florais que fan debuxos



En marzo comezou o proceso de admisión para novo alumnado!!!

Olla o vídeo do noso cole!!!Síguenos nas redes!!



Novas:
No 2018 recibimos 2 grandes premios:
1º Premio de PFPP: Proxectos de Formación Permanente do Profesorado e 3º premio nos Plans Proxecta.


Sen dúbida, estes premios son a recompensa ao esforzo de toda a comundidade escolar para continuar polo camiño do cambio e da aprendizaxe, tan importante para nós. Este ano continuaremos co noso proxecto de aprendizaxe de novas metodoloxías. Neste gran proxecto atopamos a robótica, o plurilingüismo, a avaliación, a radio escolar, os espazos para a mellora da convivencia, a disciplina positiva, as AACC e SEMGal para a mellora do enriquecemento curricular. Este curso ademais, os mestres, continuamos dentro dun Erasmus+ Come on!Aquí tedes máis información premendo encima do texto, e encima dos premios






  • Proceso de reserva, admisión e matrícula de novos alumn@s para o curso 2023-24


  • Somos centro Edixgal! Toda a información pinchando aquí


  • Fotos na galería

    Último álbum publicado
    Maios do Pote 23/24
    ...
  • Galería


  • Últimas novas publicadas
    6-5-24 Correlingua
    24-4-24 Voluntariado Miúdo residencia Laraxe
    19 e 26-4-24 Saídas do 1º e 2º ciclo
    17-4-24 Animación teatral coa Xanela do Maxín
    18-3-24 Biblioteca Creativa 2024
    Visita Marco de San Lourenzo (1º ciclo)
    II Concurso "Somos Rural"
    Horarios concilia-mañás e comedor
    Paz e Ioga
    Programacións e criterios de avaliación 23/24
    Xornal Micanoticias 22/23
    14-6-23 Visita nutricionista e zanfona EP


    Calendario de actividades e saídas
    17-5-24 e 20-5-24 Día das Letras Galegas e día non lectivo
    14,15 e 16-5-24
    10-5-24 Maios no Pote
    6-5-24 Correlingua
    3-5-24 Atletismo Divertido (4º-5-º 6º EP))
    2-5-24 Atletismo Divertido e Obradoiro de pintura con DOC TOY (Adiado)
    1-5-24 Día do Traballador/a (festivo)
    26-4-24 Caspervek
    23-4-24 Modo galego, actívao! e Día do Libro
    18-4-24 InnovArt (1º-2º-5º-6º de EP)
    10 e 11-4-24 Avaliación Diagnóstico 4º EP
    8-4-24 Piscina (EP) CP Innova Edusaúde
    2,12 e 16-4-24 Ioga e mindfulness na escola: CP Inclúe Emociona-T
    22-3-24 Festa das Lavandeiras e fin de trimestre

    Distribuir contido