try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

PFPP Formación en centro: talento e innovación

POTENCIANDO O TALENTO A TRAVÉS DOS PROXECTOS

Como xa sabedes no noso centro cada curso realizamos un PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado) que consta de varios itinerarios de formación.

Este curso nos iniciamos nos Polos Creativos: Principios DUA aplicados á práctica educativa. Tamén con ficción dixital e a súa aplicación en aula. Seguiremos cos Erasmus+ para aprender como son os sistemas educativos doutros paises.

Non esquezades tamén os Plans Proxecta,  Biblioteca Creativa.....e a robótica!!!! 

E seguiremos co plurilingüismo, a titoria entre iguais e o noso SEMGal e AACC

 Ademais de formacións en disciplina positiva para axudar ao noso alumnado coas súas emocións e a xestión das mesmas.

 

 INNOVANDO E DESCUBRINDO O TALENTO

No 2018 fomos premiados co 1º premio de Proxectos de Formación Permanente do Profesorado!!!!! Estamos moi contentas!!!!

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2018_resolucion_definitiva_asinada.pdf

E tamén cos Premios Proxecta!

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resol_def_centros_premiados_proxecta_asinada.pdf

 

Así que seguiremos na mesma liña de traballo, pero agora nos meteremos máis profundamente no SEMGAL, para aprender un pouco máis sobre o modelo SEM:

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/30138

Talento e Innovación:

Aló imos! Nos acompañas????

 

 Aquí podedes ver algúns dos nosos retos:

Robótica:

Temos na biblio un espazo maker e añadiremos moitos máis elementos que agora son sorpresa: espazo lego, radio, xogos de mesa, impresora tres D....

 

 

Pluriinfantil:

Como sabedes somos o único centro público deste concello e dos concellos veciños que temos a estrela pluriinfantil xa que só aquí temos inglés máis horas das que corresponden en infantil

 

 

SEM

Programa de Enriquecemento Curricular:

Consiste en sacar o máximo rendemento da capacidade dos nosos alumnos

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/02/08/sera-piteas-modelo-educativo-galicia/0003_201702G8P8991.htm

 

E máis....Esperamos sacar moito proveito desta formación da que estamos tan contentos!