try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe Os Casais
Único centro público da contorna con plurilíngüismo dende Infantil.

Proceso de reserva, admisión e matrícula de novos alumnos/as para o curso 24/25

Proceso de reserva, admisión e matrícula para o curso 2024/25
 
 
 


 
 
 
Normativa que rexe o proceso de admisión do alumnado
Calendario de admisión e reserva de praza para o curso 2024-25
           
 Reserva
  • Reserva de praza (só para centros adscritos- IES de Fene):do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (Anexo I)

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrito (IES de Fene), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIPP Os Casais), a través da sede electrónica ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A).

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» e na páxina web da consellería competente en materia de educación» (www.edu.xunta.gal)

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Prazo: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ambos incluidos)

Se nese tempo non se entragara a reserva perderá a súa praza nese centro.

Se o seu desexo é non continuar os seus estudos no IES de Fene, terán que esperar a facer a solicitude de admisión no centro que queira no prazo establecido (do 1 ao 20 de marzo)

*Moi importante: a reserva adquirirá un carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Admisión  de novo alumnado 24/25 (do 1 ao 20 de marzo)

  •  Cada solicitante presentará só unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia. Non se poden presentar 2 solicitudes en centros diferentes.

*A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle nese centro.

A solicitude presentada poderá anularse mediante a presentación dunha nova indicando  expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s anteriormente. A renuncia á solicitude rexistrada nun centro só se admitirá ata o último día de prazo de presentación de solicitudes. Logo do remate do prazo a solicitude será vinculante. A duplicidade de solicitudes determinará a escolarización da/o alumna/o conforme ao procedemento subsidiario regulado no capítulo IV da orde do 12 de marzo de 2013.

  • Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, en calquera dos rexistros establecidos utilizando o formulario normalizado.

Prazo de solicitudes de admisión de novos alumnos/as: do 1 ao 20 de marzo  (Anexo II)

 
                  

 IMPORTANTE

  • A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
  • No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior.
  • O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar unha solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.
  • As familias poderán consultar o estado de trami­tación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante».
  • A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizarase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente.
Calendario
  • Publicación de vacantes: 1 de marzo (taboleiro do centro)
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos:  Ate o 25 de abril (Taboleiro do centro)
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio (taboleiro centro)

           

   Matricula

  • Formalización de matrícula de alumnos de Educación Infantil e Educación Primaria: do 20 ao 30 de xuño (Anexo III-1)
  • Formalización de matrícula de alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria (no centro de destino): do 25 de xuño ao 10 de xullo

 

Recordade que temos servizo de comedor xestionado pola ANPA

Documentos Admisión: 
  • Impresos oficiais cubertos e asinados: Anexo II DOG,
  • Documento acreditativo da idade do neno/a.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Documentos Matricula:

  • Publicación de imaxe, base de datos do bus, relixión/valores cívicos e sociais, enquisa galego (só EI), comedor, madrugadores.
  • Dúas fotos tamaño carnet do alumno/a
  • Informe médico
  • Fotocopia do libro de familia (se non o trouxo xa na admisión)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a
  • Certificado de empadroamento
Podedes descargar os documentos nos arquivos adxuntos de máis abaixo. Tedes que descargalos, cubrilos e imprimilos, xa que non deixan gardar os datos. No centro dispoñemos dos mesmos impresos en papel. Pasádevos a recollelos se os necesitades

 Nota informativa:

A Orde do 12 de marzo do 1013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, xunto coas as instrucción da dirección xeral  din que:

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle nese centro.

A solicitude presentada poderá anularse mediante a presentación dunha nova indicando  expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s anteriormente. A renuncia á solicitude rexistrada nun centro só se admitirá ata o último día de prazo de presentación de solicitudes. Logo do remate do prazo a solicitude será vinculante. A duplicidade de solicitudes determinará a escolarización da/o alumna/o conforme ao procedemento subsidiario regulado no capítulo IV da orde do 12 de marzo de 2013.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.



Tedes nos adxuntos toda a documentación a cubrir por se xa a queredes cubrir on line e traela. Podedes visitar o centro concertando unha cita con nós!

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar