Skip to Content

Plan Proxecta : Dafis

Este ano desde o centro decidimos participar no PLAN PROXECTA. Dentro das modalidades solicitadas escollemos: Xogade, Milla diaria e Dafis.

A Plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable) é unha ferramenta elaborada, en colaboración co COLEF- Galicia,  ao abeiro do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral que participa de iniciativas vinculadas á práctica de actividade física e deporte.

A través do Plan Proxecta, DAFIS busca que a valoracion da condición fisica para a saúde se traballe no centro deportivo dun modo transversal, co apoio das novas tecnoloxias, e facendo máis participe ao alumnado no proceso da súa valoración, no análise dos resultados e na toma de decisións posteriores para mellorar o seu estado de condición física para a saúde

DAFIS cumpre cos seguintes obxectivos:

  • Unificar as probas de condición física (saudable) para os diferentes grupos de idades que se  realizan en Galicia a través das diferentes entidades (centros educativos, concellos, entidades privadas, etc).
  • Dotar as diversas entidades que realizan en Galicia valoracións da condición física saudable dunha ferramenta útil e eficaz para a xestión dos datos obtidos, estatísticas, comparativas e informes personalizados dos diferentes individuos e colectivos cos que traballan.
  • Formar os profesionais da Educación Física e o Deporte, así como outros profesionais das áreas da Saúde, na utilización e xestión da plataforma.
  • Dotar a administración dunha ferramenta que permita, a nivel estatístico, obter informes completos do estado de saúde dos galegos e galegas en función dos seus parámetros de  condición física saudable, para a posterior planificación de políticas de prevención e mellora da saúde a través do incremento do consumo diario de actividade física, exercicio físico e deporte.

As valoracións realizaranse a todo o alumnado de Primaria.

Para ver máis información premer AQUÍ



page | by Dr. Radut