Novas

ESCOLARIZACIÓN 2017/18

 

AVISO IMPORTANTE SOBRE O PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN

Reserva de praza nos centros adscritos    

Cubrir e entregar Anexo I  ou ben cubrir na app admisionalumnado

do 1 ao 15 febreiro (aa.ii.)
Publicación de normativa e prazas  29 febreiro
Proceso de admisión                         cubrir e entregar Anexo II do 2 ao 20 marzo (aa.ii.)
Prazo de entrega documentación (só no caso de ter que baremar)  23/03 ao 05/04
Exposición listaxe provisional de admitidos e non admitidos  24/04
Período de reclamación  25/04 ao 02/05 (aa.ii.)
Exposición listaxe definitva de admitidos e non admitidos  12/05
Período de Matrícula  
Matrícula de Ed. Infantil e Primaria 20 ao 30 xuño

 

LEXISLACIÓN ESCOLARIZACIÓN DECRETO 254/2012  E ORDE do 12 de MARZO 2013
 LETRA DESEMPATE PUNTUACIÓN  ORDE DO 25 XANEIRO 2017

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

 

 

 

 

 

Novas tecnoloxías

Este segundo trimestre, dotamos o colexio con novos recursos tecnolóxicos para que os nosos alumnos teñan a mellor calidade na súa educación.

Dotación:

- 4 ordenadores de sobremesa.

- 5 readers electrónicos.

- 4 tablets de 10 pulgadas.

De Collages

Plan de consumo de froita

O noso colexio participa no Plan de Consumo de Froita nas Escolas de Galicia. O devandito plan pretende fomentar o consumo de froita entre a poboación escolar a través da distribución de froita fresca, así como difundir hábitos saudables e diminuír a obesidade e outras enfermidades asociadas. Esta iniciativa nace como consecuencia do acordo político do Consello da Unión Europea adoptado no marco da Organización Común do Mercado das froitas e hortalizas.

Levarase a cabo mediante a distribución a todos os alumnos-ás do colexio dunha porción de froita cinco días ao mes, durante tres meses consecutivos. 

Visita do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, estivo onte pola mañá no CEIP de Oímbra. Acompañado pola xefa territorial de educación, Marisol Díaz Mouteira, así como da inspectora María Esther Martínez Quintas e do alcalde de Oímbra Alfonso Villarino Rodríguez con varios dos seus concelleiros. Todos eles comprobaron o estado do centro educativo e as súas necesidades.

 



Convivencia de Cholo e Nela

Próxima apertura de unha escola infantil

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Unha vez rematado o proceso de votacións para a renovación do Consello Escolar do curso 2010-11,

a súa configuración queda da seguinte maneira:

Presidente:

  • Camilo Lois de Dios

Representante do profesorado:

  • Iván Martínez García
  • Mª José Casado García

Representantes de Pais/Nais:

  • Mª Pilar Francisco Francisco

Representante do Concello:

  • Eusebio Diz Diéguez

Representante do AMPA:

  • Francisco Pardo Pardo

Powered by Drupal - Design by artinet