Secretaría

ESCOLARIZACIÓN 2018/19

 

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS

 Dende o día 1 ao 15 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado de 6º de primaria poida facer reserva de praza no instituto de educación secundaria ao que está adscrito o Ceip de Oímbra, o IES Castro Baronceli. 

Deberá entregar a seguinte documentación:

A ter en conta:

  • Para facer uso do dereito preferente ao centro adscrito haberá que presentar a solicitude do 1 ao 15 de febreiro, de non ser así perderase a preferencia.
  • Se reservades praza no centro adscrito IES CASTRO BARONCELI e posteriormente queredes reservar en outro centro distinto, teredes que renunciar á praza reservada no IES CASTRO BARONCELI mediante escrito nese centro. En caso contrario as dúas solicitudes quedarán invalidadas.
  • De non querer reservar no IES CASTRO BARONCELI, deberedes agardar ao mes de marzo cando se abra o prazo para o resto de institutos que non son os adscritos a cada Ceip.

Peda do dereito de prioridade:

  • As solicitudes presentadas fóra de prazo.
  • A presentación de máis de unha solicitude.
  • As solicitudes que conteñan datos ou acompañadas de documentación que non se axusten ás circunstancias reais dos alumnos/as.

Lexislación aplicable:

 

PROCESO DE ADMISIÓN

 

 

Reserva de praza nos centros adscritos  

Cubrir o Anexo I e entregar aquí no centro ou ben cubrir na App admisionalumnado ou ben na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. 

do 1 ao 15 de febreiro (aa. ii.)
Publicación de normativa e Prazas  
PROCESO DE ADMISIÓN      cubrir e entregar Anexo II.  1-20 marzo
Prazo de entrega documentación ( só no caso de ter que baremar).  23/03- 09/04
Exposición de listaxe provisional de admitidos e non admitidos.  24/04
Período reclamación  25/04 - 3/05
Exposición de listaxe definitiva de admitidos e non admitidos.  14 maio
PERIODO DE MATRICULA  
Matrícula de Educación Infantil e Primaria.  do 20 ao 30 xuño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RESERVA DE PRAZA NO IES CASTRO BARONCELLI

O Decreto 254/2012 do 13 de decembro, regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
 
A Orde do 12 de marzo de 2013 desenvolve o devandito Decreto 254/2012.
 
Segundo o disposto no artigo 10 da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado que pretenda continuar estudos no IES CASTRO BARONCELLI durante o ano académico 2016/17, para os efectos de reserva de praza, deberá presentar no seu centro (CEIP OIMBRA) o modelo normalizado que se publica como anexo I entre os días 1 e 15 de febreiro de 2016.
 
Deberá entregar a seguinte documentación:

          - Anexo I

 
A ter en conta:

1. Para facer uso do dereito preferente a praza no centro adscrito hai que presentar a solicitude entre o día 1 e o 15 de febreiro, se non, no prazo ordinario, non teredes preferencia sobre os demais.

2. Se reservades praza no centro adscrito IES CASTRO BARONCELLI e posteriormente queredes solicitar praza noutro centro, teredes que presentar no IES CASTRO BARONCELI a renuncia á praza reservada antes de solicitar praza noutro centro, en caso contrario as dúas solicitudes serán invalidadas.

3. De non querer ir ao IES CASTRO BARONCELLI teredes que solicitar praza no IES que queirades cando se abra o plazo no mes de marzo.

Dia das Bibliotecas escolares

Aquí tedes as fotos do día das Bibliotecas Escolares deste curso. Podedes activar a música ao fondo do video.

 

BENVIDA AO CURSO 2015-16

FELIZ REGRESO AO COLE PARA

TOD@S, E BENVID@S @S NOV@S.

 

 

Axuda para material 2015-16

SOLO PARA PRIMARIA. A partir de hoxe dia 2 de setembro e ata o próximo día 1 de outubro do 2015 podedes acercarvos polo centro a recoller a documentación necesaria para tramitar a axuda. Ou ben imprimir o anexo I (que son tres follas) e entregarmo xa cuberto. Para descargar o anexo descargar aquí. 

Axuda libros de texto 2015-2016

ENLACE A LIBROS DE TEXTO a partir de xullo

Os alumnos de 3º e 5º de primaria non teñen que comprar os libros ainda que aparecen na lista por atoparse dentro do programa de Fondolibros.

 

 

 

FONDOLIBROS

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 2 DE XUÑO AO 2 DE XULLO.

 

 
 Cada neno ten asignado un lote de libros para o próximo curso.Non quedou nengún neno/a excluido do fondo de libros. 07/07/2015
 
 
 
Sen cambios con respecto a listaxe provisional. Cada neno/a ten asignado un lote de libros para o curso 15-16. (15/07/2015)
 

 

Sorteo dunha Tablet. Viaxe a Cantabria

O número 164 é o gañador dunha tablet

 


Programas 2014-2015

Este ano o noso Centro participará no programa XOGADE, dentro do plan PROXECTA, tal e como se levou a cabo nos curso anteriores. Á súa vez tamén se solicitou a participación no MOVETE+.

Eleccións ao Consello Escolar

Resolución do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

  • Serán renovados dous membros un mestre e un pai/nai.

Xunta Electoral

  • O director: D. Iván Martínez García.
  • Un representante do profesorado: Dª. Modesta Dolly Rodríguez Alonso..
  • Un representante dos pais e das nais: Dº. Manuel Balboa Pardo.
  • Un representante do persoal non docente: Dª. María Teresa Vieira Fernández.

 

Resultado das eleccións:

Profesores: D. José Quintairos Pérez

Pais: Dª Estrella Aurea Blanco Bahamonde

 

Calendario escolar

Benvidos ao novo curso escolar 2014-15

A partir do mércores 10 de setembro o colexio comeza oficialmente as súas clases para dar inicio ao novo curso. Dende a Dirección queremos dar, un ano máis, a benvida a todas e todos, e especialmente ás novas familias, ao novo alumnado, profesorado e persoal non docente. Lembrarvos tamén que nesta web teredes información continua e actualizada (profesorado, materiais, horarios, actividades, etc). Por último animarvos a participar enviando suxerencias ao enderezo ceip.oimbra@edu.xunta.es . Bo curso.

Horario do mes de setembro:

Clases:

8:45 ata as 13:00

Comedor:

13:00 ata as 13:30

Simulador de taxas

Nota informativa

 

Estimados pais/nais:

Nota 1. Recordarvos que este vindeiro luns 26, de 9:45 a 13:45, podedes vir a votar aos candidatos para o Consello Escolar. Candidatos:

- D. Gonzalo Pardo Salgado.

- Dª. María Pilar Francisco Francisco.

Nota 2. A recollida de tapóns ímola manter ata o nadal. Os nenos-as poden depositar os tapóns todos os venres no colexio.

Un cordial saúdo. O Director.

Powered by Drupal - Design by artinet