Instalacións

Video das instalacións

As instalacións do centro.

O centro conta actualmente con 1 aula de Educación infantil e 3 de Primaria. Ademáis conta con varias aulas que se usan para desdobrar os grupos e facilitar o labor dos mestres. Temos aula de informática, Biblioteca, Ximnasio e Salón de Actos, Aula de Reforzo, Comedor, Aula de Música e tamén espazos na planta superior que son multiusos, ben para os recreos cando chove ou para cando facemos algún traballo todo o cole xunto.

A nivel administrativo contamos con un despacho de dirección, outro de orientación e sala de profesorado. Tamén temos unha zona para papelería e fotocopiadora.

Nos seguintes videos podedes ver como é o noso colexio e algunhas das súas zonas máis importantes como son a Biblioteca.

 Video do Ceip de Oimbra. (curso 2018/19)

Video da Biblioteca do Ceip de Oimbra.

A biblioteca do noso Ceip é un pequeno espazo de tamaño, pero moi grande en canto a que nos indica o camiño a seguir cada curso, xa que a través dela enfocamos todas as actividades que realizamos no centro. Non entenderíamos o centro sen a Nosa Biblioteca. Levamos moitos anos participando no PLAMBE e agardamos seguir facéndoo. Esto supuxo unha mellora considerable tanto do entorno da Biblioteca coma dos recursos dos que dispomos.

Nela os nenos e nenas poden coller prestados os libros que desexen. Unha parte dos libros da biblioteca son usados polas respectivas bibliotecas de aula que se renovan cada trimestre para achegar ainda máis os libros aos cativos.

Os antigos alumnos/as seguen conservando os seus carnets e tamén poden usala cando queiran ao igual que o resto da comunidade escolar. Aquí podemos atopar dende libros de lecturas variadas ata volumes das mellores enciclopedias. Tamén temos á vosa disposición os ordenadores con conexión a internet para que fagades uso deles e si sodes moi modernos tamén podedes facer uso da plataforma de libros dixitais á que podedes acceder dende o noso blog da biblioteca ou dende a páxina web do centro. 

Agardámosvos!!!!

 

Videos de outros anos das instalacións do cole: Curso 2009/10

Vista aérea das instalacións

Powered by Drupal - Design by artinet