FROITA FRESCA. FOGGA

Esta axuda ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.

A axuda está destinada ás nenas e aos nenos que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:

    Segundo ciclo de educación infantil.
    Educación primaria.
    Educación secundaria obrigatoria.


Comunicámoslle nas semanas que se indican, de luns a venres, na hora do recreo, o centro repartirá froita fresca a todo o alumnado dentro do programa "Froita na escola" que subvenciona o FOGGA.

  • Do 16 ao 20 de xaneiro.
  • Do 13 ao 19 de febreiro.
  • Do 20 ao 26 de marzo.
  • Do 22 ao 28 de maio.

Durante estas semanas non é necesario que os nenos traian bocadillo de media mañá e tamén é probable que sobre froita e quede para a seguinte semana.

Powered by Drupal - Design by artinet