Fondo Libros e Axudas Libros e Material

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE
TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CURSO ESCOLAR 2016/17

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

 

PRAZO

O prazo para as axudas e do 18 de maio ata o 23 de xuño. Anexo I da orde que se pode recoller no centro ou na web.

 

¿QUÉ AXUDA TEÑO?

Segundo o curso que vaian a cursar os alumnos o próximo curso poderán solicitar unhas axudas ou outras. A continuación fago un resumo:

  • · Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de EP cursos nos que se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
  • · Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
  • · Axudas para adquirir material escolar: Todo o alumnado matriculado en EP segundo a renda 2014.

 

¿QUÉ É O FONDO SOLIDARIO?

 

É un préstamo de libros,consiste na asignación de libros de texto correspondentes aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria y 1º e 3º de la ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro. Efectuarase por orde inversa a renda per cápita, de maneira que se garantiran un mínimo de 6 libros ao alumnado con renda igual ou inferior a 5.400 euros e un mínimo de 4 libros para rendas superiores a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros.

 

¿QUÉ É A AXUDA DE LIBROS?

Para os alumnos de  1º e 2º de Educación Primaria e de 2º e 4º da ESO darase unha axuda económica para a adquisición de libros segundo a renda:

  • Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros:
    • Educación Primaria (1º e 2º): 170 euros.
    • Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros:
      • Educación Primaria (1º e 2º): 90 euros.

 

 

¿QUÉ É O CHEQUE PARA MATERIAL ESCOLAR?

Axuda consistente nunha cantidade para contribuir ao pago do material escolar.  As solicitudes tramitaranse nos centros educativos a medida que se vaian presentando. As familias obterán os vales unha vez se comproba que cumpren os requisitos esixidos na convocatoria e presenten a documentación que se require.  Familias con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros ao ano por membro da unidade familiar recibirán un vale de 50 euros por neno/a.

IMPORTANTE:

O ano de referencia será 2014 e os datos para comprobar a unidade familiar serán os do 31 de decembro do 2014.

 Para ser beneficiario do banco solidario e axuda de libros o alumno devolverá en bo estado os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2015/16.

DOCUMENTACIÓN

As familias deberán presentar no centro docente onde está matriculado o alumno, orixinal e copia da seguinte documentación:

  1. Copia do DNI ou NIE dos membros computables na unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
  2. Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar. Solo no caso de non ter libro de familia ou si a situación familiar, a día 31 de decembro de 2014, non coincide coa reflexada no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
    1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador onde conste a custodia do alumno.
    2. Certificado ou volante de convivencia.
    3. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
  3. Declaración da Renda do ano 2014 cando non autoricen a consulta telemática.
  4. No caso de discapacidade igual ou superior ao 33%dalgún membro da unidade familiar, documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2014.
  5. No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

 

Powered by Drupal - Design by artinet