RESERVA DE PRAZA NO IES CASTRO BARONCELLI

O Decreto 254/2012 do 13 de decembro, regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
 
A Orde do 12 de marzo de 2013 desenvolve o devandito Decreto 254/2012.
 
Segundo o disposto no artigo 10 da Orde do 12 de marzo de 2013 o alumnado que pretenda continuar estudos no IES CASTRO BARONCELLI durante o ano académico 2016/17, para os efectos de reserva de praza, deberá presentar no seu centro (CEIP OIMBRA) o modelo normalizado que se publica como anexo I entre os días 1 e 15 de febreiro de 2016.
 
Deberá entregar a seguinte documentación:

          - Anexo I

 
A ter en conta:

1. Para facer uso do dereito preferente a praza no centro adscrito hai que presentar a solicitude entre o día 1 e o 15 de febreiro, se non, no prazo ordinario, non teredes preferencia sobre os demais.

2. Se reservades praza no centro adscrito IES CASTRO BARONCELLI e posteriormente queredes solicitar praza noutro centro, teredes que presentar no IES CASTRO BARONCELI a renuncia á praza reservada antes de solicitar praza noutro centro, en caso contrario as dúas solicitudes serán invalidadas.

3. De non querer ir ao IES CASTRO BARONCELLI teredes que solicitar praza no IES que queirades cando se abra o plazo no mes de marzo.

AdxuntoTamaño
Reserva praza anexo I.pdf434.53 KB

Powered by Drupal - Design by artinet