DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Este ano 2013 o autor homenaxeado no día das Letras Galegas é Roberto Vidal Bolaño, do que podedes encontrar un tríptico da súa vida na no blogue da biblioteca.

Para celebralo vamos a realizar entre todos os nenos do colexio unha "cronobiografía" do autor. Os alumnos do 3º ciclo encargáronse de dixitalizar a biografía do autor. Os do 2º ciclo responderán a un cuestionario para extraer os datos que despois os nenos do 1º ciclo encargaránse de plasmar en cartulinas para compoñer a nosa cronobiografía.

A continuación encontraredes a biografía e o cuestionario. Esperamos que vos guste!

 

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

BIOGRAFÍA:

Roberto Vidal Bolaño nace en Santiago de Compostela no 1950, e morrerá na mesma cidade no ano 2002. Foi escritor e actor de teatro e este ano dedícaselle o día das Letras Galegas.

Empezou a súa andadura teatral no Grupo Antroido co cal participou nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia entre os anos 1973 e 1980. Debido o despido en 1977 do banco no que traballaba, viuse obrigado a converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega. Foi tamén un dos primeiros en facer teatro institucional, colaborando con Centro Dramático Galego na representación da súa obra, en 1984, Agasallo de sombras. Tamén fixo guións para a Televisión de Galicia e para a Televisión Española. Levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX e incluso participou como actor en varias series de televisión como Mareas Vivas.

 

OBRAS DESTACADAS:

Obra representada

 

Obra escrita

  • Laudamuco, Señor de Ningures (1976)
  • Bailadela da morte ditosa (1980)
  • Agasallo de Sombras (1992)
  • Saxo Tenor (1993)
  • As Actas Escuras (1994)
  • Rastros (1998)

 

Ensaio

·         Perspectivas do Teatro Galego Actual (2002)

 

 

 

PREMIOS HONORÍFICOS:

  • Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures.
  • Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes).
  • Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa
  • O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón".
  • O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das Papas e do Unto.
  • Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral dos textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.
  • Premio Rafael Dieste
  • Premio Álvaro Cunqueiro
  • Premio Xacobeo (1992)
  • Premio Eixo Atlántico
  • Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto teatral en galego)
  • Dedicaráselle o Día das Letras Galegas no presente ano 2013.

 

NOTA: fonte documental Wikipedia.

 

 

 

CUESTIONARIO PARA A CRONOBIOGRAFÍA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO:

·         1- En que ano nace Roberto Vidal Bolaño e onde?

·         2- Cando participa por primeira vez na Mostra de Teatro Abrente de Ribadavia?

·         3- Que obra escribe no ano 1976?

·         4- Que premios recibe por primeira vez no mesmo ano?

·         5- De que traballou Roberto Vidal Bolaño ata o ano 1977?

·         6- En que ano se estrea a obra Bailadela da morte ditosa?

·         7- No ano 1983 recibe por primeira vez un premio pola adaptación teatral dos textos de X. L. Méndez Ferrín. Como se chama este premio?

·         8- En que ano colabora por primeira vez co Centro Dramático Galego?

·         9- Que obra, do mesmo nome ca autora de Cantares Gallegos, escribe no ano 1985?

·         10- En que ano recibe o premio Xacobeo?

·         11- Que obra escribe no ano 1992?

·         12- En que ano escribe unha obra que ten nome de instrumento musical? Como se chama esa obra?

·         13- En que ano escribe a obra As actas escuras?

·         14- En que ano escribe a obra Anxeliños?

·         15- Como se chama a obra escrita en 1988?

·         16- A lingua das bolboretas  foi escrita por Roberto Vidal Bolaño e converteuse nunha das mellores películas galegas da historia. En que ano foi escrita?

·         17- Como estaba o mar sobre o que escribiu no 2001?

·         18- Que premio recibe no ano 2001 que ten nome de persoa?

·         19- Como se chama e en que ano se escribiu o súa única obra de ensaio?

·         20- En que ano morre e onde?

·         21- A quen se lle dedica este ano o día das Letras Galegas?

 

Powered by Drupal - Design by artinet