Plan de consumo de froita

O noso colexio participa no Plan de Consumo de Froita nas Escolas de Galicia. O devandito plan pretende fomentar o consumo de froita entre a poboación escolar a través da distribución de froita fresca, así como difundir hábitos saudables e diminuír a obesidade e outras enfermidades asociadas. Esta iniciativa nace como consecuencia do acordo político do Consello da Unión Europea adoptado no marco da Organización Común do Mercado das froitas e hortalizas.

Levarase a cabo mediante a distribución a todos os alumnos-ás do colexio dunha porción de froita cinco días ao mes, durante tres meses consecutivos. 

Powered by Drupal - Design by artinet