Skip to Content

Saída por Camariñas

Achégase o Nadal e o alumnado de 1º e 6º de Educación Primaria desprazouse ata un comercio local de Camariñas para mercar decoración para o centro. Á súa vez, aproveitaron a traballar diferentes contidos curriculares e outros valores coma compañeirismo, solidariedade, empatía...

Carreira

O vindeiro 20 de decembro correremos contra a leucemia infantil.

Taller 5º e 6º

No día de onte, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou nun taller sobre "Violencia de xénero e o novo contexto dixital".

Postais para La Turballe

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria elaboraron postais para felicitarlles as festas de Nadal aos nenas e nenas de La Turballe. 

O pasado luns a alcaldesa, Sandra Ínsua, veu en persoa a recollelas para realizar o envío.

Ponte de decembro

 

Recreación de portadas de contos

Enmarcado dentro do PDI deste curso, o alumnado fixo unha recreación de portadas de contos empregando materiais de refugallo. 

Os nosos nenos e nenas son uns verdadeiros artistas.

Conmemoración 25N

Para conmemorar esta data tan especial, ademais dos "talleres de Anxo Fariñas" e o "Pleno Infantil en Igualdade" celebrado no Concello, desde o colexio creamos unha serie de bandas con mensaxes que loitan contra a violencia machista.

Visita de Anxo Fariñas

O pasado 23 de novembro tivemos a visita de Anxo Fariñas. Todo o alumnado de primaria realizou diferentes talleres nos que se abordaron temas referentes á igualdade e á eliminación da violencia contra as mulleres.

Mirade que ben o pasaron!

Pleno Infantil en Igualdade

Participación do alumnado de 6º de Primaria na celebración do Pleno Infantil en Igualdade que tivo lugar no concello de Camariñas.

Distribuir contido


by Dr. Radut