Skip to Content

Vacacións!

Terapia con cans

Hoxe estamos emocionados e emocionadas de compartir un vídeo que seguramente volverá traer sorrisos e alegría a todos os recunchos da nosa comunidade escolar. Pois hoxe tivemos a visita de Montegatto, unha empresa dedicada a ofrecer terapia con cans. Si, oíches ben! Terapia con cans para todos os nenos e nenas do colexio do CEIP O Areal!

Que é exactamente a terapia con cans? Bueno, é moito máis que simplemente pasar tempo con estes adorables animais. Montegatto utiliza a interacción con cans especialmente adestrados para proporcionar apoio emocional, aliviar o estrés, fomentar a confianza e mellorar as habilidades sociais e cognitivas dos participantes. É unha experiencia que vai máis aló das palabras e que deixa unha impresión duradeira en todos aqueles que teñen a oportunidade de experimentala.

 

Saída á biblioteca municipal

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de EP visitaron a biblioteca municipal onde lles contaron o conto de "A terrorífica historia de Aba". Ademais, aproveitaron que facía bo día para xogar un anaquiño no parque.

 

 

Conmemoración 8M

Velaquí todas as actividades que fixemos en relación á conmemoración do 8M.

Escaleiras

Estamos de estrea. Que vos parecen as nosas novas escaleiras?

 

Saída ao Domus e ao Muncyt

O pasado xoves día 7 o alumnado de Educación Primaria desprazouse ata A Coruña para visitar o museo Domus e Muncyt. Mirade que ben o pasaron!

Semana da Prensa

Durante esta semana o alumnado realizou diferentes actividades vencelladas á Semana da Prensa Desde buscar novas positivas nos xornais, ata transformar contos clásicos en noticias (vencellado ao PDI do centro).

 

 

Talleres de ioga

Esta semana, mergullámonos nun mundo de calma, concentración e diversión a través dos talleres de ioga. 

Punto laranxa

Desde hoxe contamos no centro co PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar.

É un punto físico, ben identificado, que funciona coma unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar de forma anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso.

Cambios das saídas

Distribuir contido


by Dr. Radut