Skip to Content

Material alumnado

MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO

Con motivo da situación que estamos a vivir, e para evitar aglomeracións nas librarías os primeiros días de curso, adiantamos as listaxes de material por nivel.

O alumnado deberá vir con mascarilla, e traerá ao centro unha de reposto para deixar na aula gardada nunha bolsa de tea, estoxo...etc.

 

Educación Infantil

1º Educación Primaria

2º Educación Primaria

3º Educación Primaria

4º Educación Primaria

5º Educación Primaria

6º Educación Primaria

Material Educación Física

 

 

Entradas e saídas escalonadas

Con motivo da situación actual derivada do COVID-19, realizaremos as entradas e saídas de xeito escalonado. Na seguinte táboa detallamos cursos e horarios.

 

 

PORTA DO EDIFICIO PRINCIPAL

H. ENTRADA

ALUMNADO

H. SAÍDA

ED. INFANTIL

09:10

4º EI A, 4º EI B

14:00

09:10

5º EI A, 5º EI B

14::05

09:20

6º EI A, 6º EI B

14:10

FRONTE SECRETARÍA

09:10

3º A, 3º B

14:10

09:20

4º A, 4º B

14:20

FRONTE O XIMNASIO

09:10

1º A, 1º B, 5º A, 5º B

14:10

09:20

2º A, 2º B, 2º C, 6º A, 6º B, 6º C

14:20

Comezo das Clases

Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 pola Dirección Xeral de Educación, Formación profesional e Innovación Educativa, a incorporación do alumnado ao centro educativo farase gradualmente, do seguinte xeito:

 

O día 10 de setembro, incorporarase o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

 

O día 11 de setembro incorporarase de 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria.

 

Documentación matrícula 2020-2021

 

1. Anexo III-1 (Documento de formalización de matrícula).

2. Autorización para o uso da imaxe pública do alumnado.

3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.

4. Cuestionario lingua materna de Educación Infantil.

5. Dúas fotografías.

 

PRAZO DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN: DO 1 AO 10 DE XULLO

Información Comedor Escolar curso 2020-2021

 

 

(Preme na imaxe para acceder a toda a información)

Biblio Dous. Boletín fin de curso

Neste fin de curso tan atípico Lúa despídese de todos vós cunha carta na que fala do desexado reencontro en setembro e cun vídeo recomendándovos lecturas para todos e todas durante as vacacións. E o noso Departamento de Orientación recórdanos o importante que é potenciar nos nenos e nenas o interese por aprender, tamén durante o verán.
 


(Preme nas imaxes para acceder ao Blog da Biblioteca e poder lelas)
 
 

Cualificacións fin de curso

 

Xa están publicadas as notas do alumnado na aplicación ABALARMÓBIL.

Publicación da listaxe provisional do novo alumnado admitido para o curso 2020-21

 

Todas as solicitudes presentadas están admitidas.

Poden consultar esta listaxe no propio centro, nas xanelas situadas á entrada do edificio administrativo.

O prazo de formalización da matrícula é do 1 ao 10 de Xullo

 

 

Fondo solidario libros de texto e material escolar para o curso 2020-21

  • Listado definitivo e entrega de libros:

 

Está exposta na secretaría a listaxe definitiva do alumnado beneficiario (material e libros).

 

A recollida de vales será ata o luns, 20-07-20 e a partires do luns 31 de agosto.

 

Os libros de préstamo entréganse ao alumnado os primeiros días de clase.

  • Convocatoria

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

 

 

_________________________     _____________________   ________________________________

Anulación do sorteo das rifas da Viaxe de Fin de Curso

Preme na imaxe para máis información

Reapertura de prazos para presentar solicitudes de admisión de alumnado

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

Prazo de presentación de solicitudes de admisión:

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes (ambos incluídos).


Recolleremos os documentos de admisión no CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2,  na Avenida da Concordia s/n de Tui, en horario de 10.00 a 14.00. Preferiblemente, por cuestións de seguridade sanitaria, concerten cita previa no 886 120 057 / 663 032 481 ou no correo ceip.numero2.tui@edu.xunta.es. Para a ocasión, vir con luvas e máscara, a ser posible.

Documentación necesaria:

  • DNI ou Libro de Familia do neno, orixinal e copia.

  • No caso de estar matriculado noutro centro hai que traer certificado de matrícula.

 

NOVOS PRAZOS DO RESTO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (de ser o caso): ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

Información ampliada https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30990

 

Acordo de préstamo do ordenador

As familias do alumnado  de 5º e 6º de primaria poderán acudir ó centro, a partir do martes 28 de Abril, a recoller o ordenador Abalar, unha vez citados por cada titor/a.

Para a retirada do equipo deberán presentar o seguinte impreso:

Acordo de préstamo do ordenador do alumnado no proxecto de Educación Abalar

 

Recursos en liña

A Biblioteca Municipal de Tui ofrécenos unha compilación de recursos en liña sobre libros e lectura, para estes tempos de confinamento. Premede sobre a imaxe.
 
 
Publicado por Biblioteca Nº2
Distribuir contido


by Dr. Radut