Skip to Content

Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2021/2022

Na seguinte imaxe pódese consultar a listaxe de libros de texto e material didáctico impreso para o curso que ven. (Preme na imaxe)

 

 

Recordade que podedes pasar por Secretaría recoller os cheques de material e axuda de libros para o vindeiro curso.

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 21-22

Aberto o prazo para a formalización da matrícula, para o curso 21-22, do 21 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria:

  • Anexo II
  • Fotocopia tarxeta sanitaria.
  • 2 fotografías

 

 

Solicitude comedor escolar, curso 21-22.

No blogue da ANPA tedes toda a información para a reserva de praza. Preme neste enlace para acceder ao blogue.

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

... En galego hoxe, en galego sempre...

Feliz Día das Letras Galegas...

 

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.

Calquera momento e lugar é bo para disfrutar da compañía dun bo libro.

 

Preme na imaxe para visualizar o video con motivo da celebración do Día do Libro. 

 

Invitámosvos a visitar o Blogue de Lúa, ao que podedes acceder neste enlace.

 

 

 (Preme na imaxe para visualizar o video)

Publicación da listaxe definitiva do novo alumnado admitido para o curso 2021-22.

Tódalas solicitudes presentadas están admitidas.

Poden consultar esta listaxe no propio centro, nas xanelas situadas á entrada do edificio administrativo.

Informar que temos prazas dispoñibles para as solicitudes que se presenten fóra de prazo.

 

O prazo de formalización da matrícula é do 20 ao 30 de xuño

 

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 
 
(preme na imaxe para visualizar o video)

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25

 No seguinte video podedes desfrutar dunha Visita virtual do noso cole:

(O video é longo e pode tardar un pouquiño en cargar)

 

 

 

 

 

 

 

 

 Solicitude de admisión. Anexo II - modelo ED550B

Esta solicitude poderase recoller na secretaría do centro educativo ou descargala na aplicación de xestión das solicitudes de admisión da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

       

   Enlace aplicación:

          https://edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

Se desexa descargar a solicitude directamente poderase facer, tamén, desde esta mesma páxina.

       

Enlace modelo ED550B: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

 

 

As solicitudes, unha vez cubertas e asinadas correctamente, poderanse entregar na secretaría do centro do 1 ao 20 de marzo en horario de mañá de 9:15 a 14:15h. No caso de dificultade para poder entregar neste horario de mañá, contactar co centro educativo no teléfono 886120057.

Se as solicitudes son cubertas na mesma aplicación e enviadas a través da sede electrónica da Xunta con certificado dixital ou chave 365 o prazo de presentación será ata antes de rematar o 20 de marzo.

 

 

 

 

 

Xornadas de portas abertas, sen cita previa. Se algunha familia non poidera visitar o centro neste horario, buscarase outro alternativo.

 

Martes, 27/02/24 ás 16:15h                    Martes,  05/03/24 ás 16:15h
Martes, 12/02/24 ás 16:15h                    Martes,  26/03/24 ás 16:15h

 

 

 

 

PANXOLIÑAS DE NADAL

 

PANXOLIÑAS DE INFANTIL

 

3 ANOS A

3 ANOS B

  4 ANOS    5 ANOS

 

(PREME NA IMAXE PARA VER O VIDEO)

25 de novembro

 

25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

 

Entre tod@s, educación e respecto

Procedemento de distribución de máscaras para o alumnado de Primaria.

AVISO IMPORTANTE:

 

A Xunta ven de publicar a Orde 6 de novembro de 2020, pola que se regulan os criterios e os procedementos para a distribución de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria.

 

Todo o alumnado que conta con axudas de material escolar da Consellería no presente curso escolar 20-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que NON terán que formalizar ningunha solicitude.

 

O resto do alumnado, aínda que non conte coa axuda de material escolar, tamén poderá beneficiarse do suministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per cápita igual ou inferior a 6000€. Para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado que tramiten a correspondente solicitude, cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto dende o luns día 16 ata o 27 de novembro.

A solicitude será única para tódolos fillos, e deberán presentarse presencialmente no centro.

Documentación precisa:

  • Anexo I e Anexo II (podedes descargalo pinchando enriba dos anexos)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente.

 

Aula de 4ºB de EP en corentena

 

Informamos que, seguindo as instruccións de Sanidade, e conforme ao Plan de Adaptación ao Covid-19 e ao Plan de Continxencia do Centro, queda en corentena a aula de 4º B de EP.

A día de hoxe hai dous casos positivos confirmados por PCR nas aulas de 4º EP, pero soamente se confina a aula de 4º B.

 

A corentena será ata o 17 de novembro, puidendo asistir ao centro o día 18 sempre que non haxa síntomas.

 

En setembro xa tivemos que vivir unha situación semellante co peche dunha das aulas de 3 anos, que por sorte so quedou nun caso positivo. 

 

 Insistir novamente no cumprimento de medidas de hixiene, seguridade e distancia, as cales son necesarias na loita contra o virus.

Transmitimos tranquilidade ante unha circunstancia deste tipo conforme aos tempos que nos toca vivir.

Moito ánimo

 

Nota informativa familias

 

Recordade que no apartado COVID-19 desta páxina web podedes consultar tódolos documentos relacionados coa mesma, tanto do centro como os publicados pola Xunta. 

Benvida ao curso 20-21

Dende o centro damos a benvida ás familias para este novo curso escolar, sen dúbida diferente.

 

Neste documento facilitamos información para o inicio de curso que cremos que resultará de utilidade.

 

Preme na imaxe para visualizalo.

 

Grazas pola vosa colaboración

A Dirección

 

 

Aviso:  No Blog do Departamento de Orientación podedes acceder á información sobre a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Mensaxe Urxente ANPA 07/09/2020

MENSAXE URXENTE ANPA 07/09/2020:

Boas tardes, por favor precisamos con urxencia que nos digades que familia reservou o servizo de comedor antes do 10 de agosto, e que nos mandedes os comprobantes ao WhatsApp da Anpa na maior brevedade, pois a empresa nos está a dar listado de alumn@s que cremos erróneos.

Ademais, tamén nos gustaría saber q familia precisan a aula matinal e a de tarde.

Pedímosvos que soliciten os servizos aquelas familias que realmente o precisen, dado que por cuestións de protocolo COVID o aforo será moi limitado.

Un saúdo, grazas.

Distribuir contido


by Dr. Radut