Skip to Content

Boletín de cualificacións do 2º trimestre

As notas da 2ª avaliación serán publicadas o VENRES 3 DE ABRIL na aplicación ABALARMÓBIL. Pregamos a todas as familias que descarguen esta aplicación nos seus teléfonos móbiles (á hora de descargar esta aplicación teñen que dar permiso ao acceso de todos os apartados). Se teñen problemas coa descarga ou co número de teléfono asinado, por favor non dubiden en pórse en contacto coa dirección do centro.                                             prema na imaxe para obter axuda

                                                                      

XUNTOS PODEREMOS

Dende o Ceip Nº2 de Tui queremos animarvos con este vídeo feito con moito agarimo.

Xa queda menos para vernos.

O ESTADES FACENDO MOI BEN!!

XUNTOS PODEREMOS!

Información ABALARMÓBIL

En relación ás notas publicadas en ABALARMÓBIL, sinalar que:

          Segundo as instrucións do 13 de marzo de 2020 provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa pandemia Covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020,

todo procedemento administrativo está paralizado.

 

A publicación das notas realizouse por un erro no día 23 de marzo, xa que foron publicadas automáticamente polo sistema.

Esta información será actualizada tan pronto sexa posible cando se retomen os prazos administrativos ou coa reincorporación ás actividades lectivas nos centros educativos.

A Dirección

 

Comunicado tarefas escolares

O centro porá a disposición das familias  as medidas precisas que faciliten a continuidade do traballo escolar, neste excepcional caso, desde os respectivos domicilios.

Estanse a elaborar propostas de actividades para cada un dos cursos,  comenzando a estar operativas a partires do luns 16 de marzo.

O acceso a estas propostas é moi sinxelo:

  • Só teñen que entrar na páxina web do centro, na parte superior clicar onde pon aula virtual, buscar o curso correspondente a cada alumno e volver a  clicar enriba de materiais.

 

A espera de que esta situación dure o menor tempo posible e desexando volver a vernos canto antes con total normalidade.

O equipo do profesorado do Ceip Plurilingüe Nº2

 

Novas no proceso de admisión

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases.

 

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Información relacionada coa pandemia Covid-19

                  

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comunica a suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada nos centros de ensino durante un período de 14 días naturais contados dende o luns 16 de marzo de 2020.                

                                                                                             

 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación a esta pandemia.

Admisión novo alumnado para o curso 2020-21

  • Solicitude de admisión. Anexo II - modelo ED550B

Esta solicitude poderase recoller na secretaría do centro educativo correspondente ou descargala na aplicación de xestión das solicitudes de admisión da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

          Enlace aplicación:

          https://edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

Si se desexa descargar a solicitude directamente poderase facer, tamén, desde esta mesma páxina.

          Enlace modelo ED550B:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/system/files/ED550B-C-1.pdf

 

As solicitudes, unha vez cubertas e asinadas correctamente, poderanse entregar na secretaría do centro do 1 ao 23 de marzo en horario de mañá de 9:15 a 14:15h e os martes pola tarde de 16:00 a 19:00 h.

Si as solicitudes son cubertas na mesma aplicación e enviadas a través da sede electrónica da Xunta con certificado dixital ou chave 365 o prazo de presentación será só ata o 20 de marzo.

 

  • Postos escolares vacantes para o curso 2020/21

 

EDUCACIÓN INFANTIL

3 anos    

2 grupos      44 prazas + 6 NEAE (50)    
4 anos 2 grupos 
29 prazas
5 anos 2 grupos 
17 prazas

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º E. Primaria          2 grupos           4 prazas + 5 NEAE (9)         
2º E. Primaria 
3 grupos 
23 prazas
3º E. Primaria 
2 grupos 
2 prazas
4º E. Primaria 
2 grupos 
14 prazas
5º E. Primaria 
2 grupos 
11 prazas
6º E. Primaria 
3 grupos 
13 prazas

 

 

14 de febreiro: Día do amor e da amizade

Este ano, co gallo da celebración desta popular data, o Equipo do Proxecto de Plurilingüismo do centro preparou con todo o alumnado de Educación Primaria estes fermosos corazóns para encher e decorar con eles os distintos corredores do centro. 

 

Pero isto non é todo, pois desde Educación Infantil tamén se quixeron sumar a esta celebración regalando apertas e máis apertas: apertas de oso, apertas de A, apertas de costado, apertas de sandwich, apertas de meixela, apertas de corazón e, por suposto, grandes apertas de grupo.

 


 

February 14th: love and friendship day

 

Saint Valentine’s day were celebrated in our school thanks to the multilingualism team that prepareted with Primary Education students some beautiful hearts and, with them, they decorated different corridors of our school.

The small ones from school decided to celebrate it with lots of different hugs: bear hugs, A hugs, sándwich hugs and, of course, groupal hugs.

 

Admisión alumnado para o curso 2020/21

 

 

Para máis información ver na parte lateral esquerda desta páxina o bloque

SECRETARÍA: ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21. 

Cultivando a Paz

                                       

30 de xaneiro: Día escolar da Non Violencia e a Paz

 

Seguimos traballando no noso Proxecto de Centro 

sobre o tema da alimentación e os

hábitos de vida saudables.

Nesta ocasión desde Educ. Infantil, cociñando

para este día, unha receita moi especial.

 

 
 
 January 30th
 
We keep working with our Healthy lifestyle Project. In this occasion, prepramary education decided to cook a very special receipt.

Os Reis Magos en Galicia!

Os nenos e nenas de Educación Infantil, despois de traballar na aula a Lenda da Fonte de San Andrés de Teixido, queren compartir con tod@s nós esta fermosa canción onde se nos dí cómo as súas Maxestades de Oriente chegan a nosa terra e fan unha parada nesta famosa fonte.

 

Charlas informativas para familias e docentes

No marco das accións preventivas dispostas no "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos", a Garda Civil impartirá o próximo martes 3 de decembro ás 16:00 horas, no noso centro, unha charla informativa  sobre o uso das tecnoloxías e redes sociais, e os riscos derivados dun uso indebido de Internet, dirixidas a profesores e familias.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut